InicioDeportesÚltimos días para anotarse á Eurocidade, carreira solidaria que recada fondos para...

Últimos días para anotarse á Eurocidade, carreira solidaria que recada fondos para os afectados pola explosión

PUBLICADO O

- Advertisement -

O próximo 10 de Xuño o Club Atletismo Tui – Thermalia, conxuntamente co Concello de Tui e a Cámara de Valença, organizan a VII Eurocidade10, sétima edición dunha carreira popular de 10.000 metros, internacional entre Galicia e Portugal, que tras a traxedia acontecida en Paramos será unha proba solidaria nesta ocasión.

Este ano, como todas as edicións en anos pares, ten a saída e chegada en Tui e percorre as rúas de Valença do Minho e Tui pasando pola Ponte Internacional do Río Miño. Ademais, tras o “triste suceso acaecido no noso municipio o pasado mércores 23 de maio, todo o recadado na carreira vaise destinar aos afectados polo accidente“, confirman dende a organización.

A devandita inscrición pode efectuarse dende Champion Chip Norte (Galicia) ou Lap2Go (Portugal). Finaliza o prazo o día 7 de xuño ás 23:59 horas do horario galego e as 22:59 do portugués. Inscribirse custa 4 euros, máis un euro de aluguer do chip en caso de non ser propietario dun.

A entrega de dorsais realizarase o día da carreira de 9:00 a 10:30 (hora española) no paseo da Corredera (Tui), a saída ás 11:00 nese mesmo lugar, e ás 13:30 a entrega de premios.

 

 

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...