InicioSociedadeA Xunta suspende as clases a partir do próximo luns

A Xunta suspende as clases a partir do próximo luns

Mañá venres os pais e nais poderán decidir se levar as súas crianzas aos centros educativos ou non.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A partir do próximo luns, 16 de marzo, os centros educativos de toda Galicia permanecerán pechados como medida preventiva perante a crise do coronavirus. Esta é a información que vén de adiantar a Xunta ao seu medio de referencia, La Voz de Galicia, a pesar de que este mesmo xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tamén ofrecía a tradicional rolda de prensa do Consello.

Segundo indica La Voz de Galicia, no día de mañá venres, os pais e nais poderán decidir se queren enviar as súas crianzas ás garderías, colexios, institutos e universidades, xa que se entende que se precisa unha marxe de tempo para que as familias se reorganicen. Esta medida foi tomada de maneira unilateral e sen consultar co estamento docente, tal e como informan fontes consultadas por Galicia Confidencial. 

Igualmente, o Consello da Xunta delibera agora as medidas máis adecuadas en relación ao teletraballo das persoas funcionarias. O presidente autonómico ofrecerá máis detalles na rolda de prensa prevista para o mediodía deste xoves.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...