InicioSociedadeA Xunta destina 55.000 euros á rehabilitación do edificio que acollerá a...

A Xunta destina 55.000 euros á rehabilitación do edificio que acollerá a residencia que Aspanaex abrirá en Vigo

Teresa Galisteo concretou que o edificio, que acollerá unha residencia e un centro de día nos que se realizarán actividades e talleres, xerará 50 postos de traballo dos que parte poderán ser desempeñados por persoas con discapacidade. Así mesmo, a residencia contará con capacidade para 58 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta destinará 55.000 euros ao proxecto de rehabilitación do antigo centro de saúde do barrio vigués de Coia que acollerá unha residencia impulsada pola Asociación en favor de persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex) Así o detallaron en rolda de prensa o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e a presidenta da asociación, Teresa Galisteo, tras asinar o convenio correspondente este martes en Vigo.

En concreto, a presidenta da entidade indicou que o orzamento do proxecto de construción desta residencia, que se espera que finalice en marzo de 2021, ascende a 3,4 millóns de euros. Detallou que a próxima fase da rehabilitación do edificio no que situará o centro comprenderá a instalación de xanelas e a execución da fachada, entre outros.

Ademais, Teresa Galisteo concretou que o edificio, que acollerá unha residencia e un centro de día nos que se realizarán actividades e talleres, xerará 50 postos de traballo dos que parte poderán ser desempeñados por persoas con discapacidade. Así mesmo, a residencia contará con capacidade para 58 persoas.

Alfonso Rueda puxo en valor o labor levado a cabo por Aspanaex e resaltou que, mediante a colaboración con estas entidades, a administración “pode chegar” a dar resposta ás necesidades dun maior número de persoas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...