InicioPolíticaO BNG pide renegociar as cotas pesqueiras e alerta de competencia "desleal"

O BNG pide renegociar as cotas pesqueiras e alerta de competencia “desleal”

Piden un "estudo rigoroso" do impacto socioeconómico da saída do Reino Unido da UE sobre a frota pesqueira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG reclamou renegociar as cotas pesqueiras que lle corresponden a Galicia tras a saída do Reino Unido da Unión Europea e alertou da posible competencia “desleal” para este sector “prioritario” do desenvolvemento económico de Galicia.

Unha delegación da formación nacionalista mantivo este luns un encontro coa directiva da Cooperativa de Armadores de Vigo (Arvi), encabezada polo seu presidente, Javier Touza. Por parte dos nacionalistas, acudiu a portavoz en Europa, Ana Miranda, o deputado no Congreso, Néstor Rego, a exdiputada Olaia Fernández Davila e o portavoz municipal, Xabier Pérez Igrexias.

Sobre as inquietudes do sector pesqueiro, Ana Miranda fixo especial mención á “competencia desleal” que se pode producir se Reino Unido abre mercados e non se acepta unha negociación das empresas galegas con capital mixto, ou ben coas cotas que poderían quedar sobrantes dun Estado Membro.

A iso, engadiu, súmase a obrigación de desembarco, a inspección transfronteiriza e as consecuencias que ten nos mercados, dado que os produtos galegos están sometidos “a controis leoninos mentres a que outras frotas se lles está deixando pasar con menos requisitos”.

Por iso, Miranda manifestou que é necesario ir a Bruxelas facer unha “negociación directa”, como Escocia, algo que ligou con que o BNG ten “unha capitá dun barco que podería liderar este país e facer da pesca galega unha defensa ardua”. “E non ir alí simplemente a mirar como está a ir a conselleira do Mar e o Goberno galego”, remachou.

“ESTUDO RIGOROSO”

Pola súa banda, o deputado do BNG no Congreso reclamou por “imprescindible” que se elabore un “estudo rigoroso” do impacto socioeconómico sobre a frota pesqueira.

Ana Miranda tamén sinalou outro problema “grave” como é o uso dos fondos pesqueiros. “A conselleira non só non está a executar, senón que está a facer grandes investimentos e que non van directamente á frota, senón a temas especulativos”, denunciou, en referencia a obras do porto.

Respecto diso, Xabier Pérez Igrexas manifestou a “preocupación” do BNG pola “dobre liña de actuación, moi perigosa” da Autoridade Portuaria. Por unha banda, no ámbito industrial, a súa “única obsesión é acabar con Vulcano e facelo desaparecer”, pero unha “segunda obsesión é cementar a ría de Vigo nese proxecto de novos enterramentos”, por un proxecto de recheos que defende o porto.

O portavoz municipal tamén alertou de que o problema do porto é que carece de dous documentos fundamentais: a delimitación de espazos e o de usos portuarios.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...