InicioEconomíaO Supremo insta ao Estado a indemnizar a Audasa pola 'peaxe na...

O Supremo insta ao Estado a indemnizar a Audasa pola ‘peaxe na sombra’ de dous tramos da AP-9

A sentenza considera ilegal o Real Decreto de 2017 do ex-ministro Íñigo de la Senra, que rebaixaba á metade a asignación do Estado e Xunta á concesionaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sala terceira do Tribunal Supremo fallou a favor de Audasa no seu contencioso contra o Estado e a Xunta e recoñeceulle o dereito a ser indemnizada pola modificación que en 2017, fixo do sistema de retribución da ‘peaxe na sombra’ implantado en 2006 en dous tramos da AP-9 en Rande e A Barcala, co obxectivo de que fosen gratuítos para os usuarios.

Con iso, o Alto Tribunal estima o recurso presentado pola empresa, polo que insta a anular a modificación aprobada por Real Decreto en 2017, sendo ministro de fomento o popular Íñigo de la Senra, a volver implantar o sistema de cálculo acordado en 2006 e a indemnizar á empresa polos danos causados.

Audasa estima en case 5 millóns de euros (4,91 millóns) as perdas que lle ocasiona esta modificación só nun ano e a 482 millóns o prexuízo que suporía no conxunto do período que resta de concesión da vía (ata 2048), no caso de que non se volvese ao sistema de pago orixinal de 2006.

A compañía, a través da súa filial Audasa, logra esta sentenza favorable apenas un día despois de recibir unha en contra, a que un Xulgado Mercantil de Pontevedra emitiu o luns contra polo cobro “abusivo” de peaxes nesta mesma autoestrada durante as incidencias ocasionadas polas obras de ampliación da Ponte de Rande.

No entanto, neste caso, o Supremo acepta o recurso de Audasa ao considerar que a regulación sobre concesións de autoestradas “impide variar o réxime de retribución do contratista” cando, entre outros supostos, “se faga depender a retribución de elementos distintos ao inicialmente determinado, isto é, a peaxe, e con independencia de quen o pague, se o usuario ou as administracións”.

O contencioso ten a súa orixe en 2006. Nese ano, o Estado central, Itínere e a Xunta de Galicia acordaron que dous tramos da AP-9, os que unen Vigo-O Morrazo e A Coruña-A Barcala, quedasen libres de peaxe directa para os usuarios e pasasen a ter ‘peaxe en sombra’.

Isto é, a partir de entón, a Administración Central e a Xunta encargábanse de pagar ao 50% a Audasa a peaxe anual polo tráfico que anualmente contabilizasen estes trazados.

No entanto, en 2017, o Goberno considerou que, desde que quedaron libres de peaxe, estes tramos rexistraban tráficos moi superiores aos contabilizados no caso de que se mantivese o pago de taxas.

“ENRIQUECEMENTO INXUSTO”

Para a Administración, iso supuña que a concesionaria estaba a rexistrar un “enriquecemento inxusto”. Por iso, aprobou mediante Real Decreto modificar o sistema de cálculo do tráfico polo que pagar a peaxe.

A partir de entón, xa non lle pagaría en función do tráfico real, senón polo que se rexistrou en 2005, o ano previo ao levantamento da peaxe, tras aplicarlle a variación á alza ou á baixa que experimentase o do resto da autoestrada de pago.

A filial do grupo Itínere recorreu esta medida ao considerar que se “vulnerou o principio de inalterabilidade dos contratos” e que non había desequilibrio económico financeiro na concesión, polo que “non había motivo para modificar a concesión por inexistencia de causa para iso”.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...