InicioPolíticaAbel Caballero e a Xunta enléanse polo mantemento da presa de Eiras

Abel Caballero e a Xunta enléanse polo mantemento da presa de Eiras

O alcalde de Vigo asegura que a concesionaria municipal realiza o servizo e a Xunta ínstao a probalo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que a concesionaria municipal do servizo da auga realiza o mantemento da presa de Eiras, que abastece a cidade e os municipios da súa área, e se encarga da súa seguridade. Mentres, a Xunta instouno a “demostralo” tras afirmar que estes labores as acomete a Administración autonómica.

En rolda de prensa, o rexedor da maior urbe galega afirmou este venres que, a diario, cinco persoas traballan na presa (un xefe de explotación, un xefe de instalacións, un vixiante de seguridade, un electricista e un oficial de mantemento), mentres que un inspector contratado pola Xunta revisa o encoro puntualmente. Así, afirmou que os cinco primeiros empregados están contratados por Aqualia, a concesionaria municipal do servizo da auga.

De feito, o goberno local anunciou a presentación dun recurso contencioso-administrativo contra a resolución de Augas de Galicia para adxudicar o mantemento e conservación da presa de Eiras, ao considerar que ese mantemento é competencia municipal e que a exerce o concello olívico.

Tamén criticou que cando o Concello instou o Goberno galego a detallar os labores que leva a cabo no encoro, o Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo se limitou a “remitir o prego da licitación” pero “non dixo canta xente da Xunta fai o mantemento” da presa.

Así, Abel Caballero cualificou esta situación dunha “desvergoña electoral” mostrada polo Goberno galego, ao que acusou de realizar “unha agresión tras outra” á cidade.

Deste xeito, aludiu ao feito de que a Xunta propuxese á Universidade de Vigo (UVigo) a cesión de vivendas rehabilitadas do Consorcio Casco Vello (CCV) –cuxa participación maioritaria corresponde á Administración autonómica– antes de asumir a súa titularidade. Tamén afirmou que impulsou o proxecto de construción da Cidade do Celta en Mos.

RESPOSTA DA XUNTA

Pola súa banda, o Goberno galego insistiu en que o Concello “é titular do sistema de abastecemento que bebe de Eiras (…), pero do mantemento e da seguridade da presa ocúpase a Xunta”, polo que licitou o contrato relativo a estas actuacións.

Por este motivo, instou o goberno local a “demostrar” que acomete eses labores. Con todo, advertiu de que “non vai xogar coa seguridade da poboación do ámbito da presa” e lembrou que asume a responsabilidade do mantemento e a seguridade da presa e lle repercute o gasto ao Concello de Vigo “como establece a lei”.

Ademais, volveu insistir en que se ofreceu ao Concello subscribir un convenio para que asumise esa xestión e se “librase” do pago do canon de regulación, que ascende a uns 650.000 euros anuais, pero o goberno local “non o aceptou”.

Adicionalmente, en declaracións remitidas aos medios, a delegada do Executivo galego en Vigo, Corina Porro, reprobou que o alcalde tente “boicotear” proxectos nos que a participación municipal é “nula”, como a xestión da presa ou a transformación do espazo no que se sitúa a estación de autobuses.

ÚLTIMAS

Convocada folga indefinida no provedor de automoción Akwel Vigo tras varios despedimentos e un futuro incerto

O comité de empresa da planta de Akwel Vigo, provedor da industria de automoción,...

Un home detido por unha suposta agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado mércores a un veciño da...

O Concello de Vigo “garante” que haberá festas en Coia

O Concello de Vigo "garante" que haberá festas no barrio de Coia, tras reunirse...

Detido en Vigo un home por unha presunta agresión sexual a un menor nos baños do Centro Comercial Vialia

Un home foi detido na tarde deste pasado xoves en vigo por supostamente agredir sexualmente...