InicioDestacadasActivada para este domingo a alerta laranxa por temporal costeiro en Galicia

Activada para este domingo a alerta laranxa por temporal costeiro en Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activa a alerta laranxa para este domingo debido ao temporal costeiro que afectará a todo o litoral de Galicia.

A Comunidade estará baixo a influencia dunha profunda borrasca que deixará ventos de ata 100 quilómetros por hora na Mariña lucense e refachos de ata 80 quilómetros por hora no interior do territorio.

Ademais, a Axencia Estatal de Meteoroloxía ( Aemet) amplía a alerta laranxa polo mar combinado do oeste-noroeste con ondas que poderán alcanzar os 6 metros de altura desde primeira hora da mañá e os 8 ao longo da xornada.

O vento empezará a pegar forte a partir das nove da mañá, espéranse refachos de forza oito no litoral e ata de 80 quilómetros por hora no interior.

Ante estas circunstancias, a Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa en xeral, tamén recomenda que se extremen as precaucións e as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...