InicioPolíticaFeijóo inicia no feudo de Abel Caballero a precampaña para tentar revalidar...

Feijóo inicia no feudo de Abel Caballero a precampaña para tentar revalidar a súa cuarta maioría absoluta

Di que é un candidato "libre" e que non será "refén do seu partido".

PUBLICADO O

- Advertisement -

presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentouse este sábado como un candidato “libre” para optar á reelección nos comicios autonómicos do próximo 5 de abril e advertiu: “Non serei refén de ningún partido, nin tan sequera do meu, porque son servidor de todos os galegos”.

Fronte a un Auditorio Mar de Vigo abarrotado para a súa proclamación oficial como candidato polo Partido Popular, Feijóo reivindicouse como “un candidato libre” que aspira a “volver ser un presidente libre” que estea comprometido “só cos galegos, nada máis”.

Tras días de apelacións directas desde a xestora de Cs para concorrer aos comicios de forma conxunta, o líder dos populares galegos descartou dirixir “ningún bloque de partidos”. Así, co compromiso de “dar estabilidade” e “representar o entendemento” entre galegos, situou enfronte a unha oposición “multipartita” que fomenta a “división”.

Con este multitudinario acto no ‘hall’ do Auditorio Mar de Vigo, no que tamén interviñeron a delegada da Xunta na cidade, Corina Porro, e o líder do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, Feijóo lanzou a súa precampaña baixo a máxima de ‘Galicia é moito. Galicia é todo’.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...