InicioSociedadeO TSXG propón a creación dun xulgado do Social para Vigo

O TSXG propón a creación dun xulgado do Social para Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) aprobou a súa proposta de novos órganos xudiciais na Comunidade galega para este ano. O plan inclúe oito xulgados de nova creación, entre os que se atoparía un do Social para Vigo. Tamén dotaría dun órgano similar á cidade de Lugo e aumentaría en cinco as prazas nas audiencias provinciais.

Segundo informou o TSXG, a proposta reclama para Lugo un Xulgado do Social e outro de Primeira Instancia, así como unha praza de maxistrado/a na Sección Primeira da Audiencia Provincial. A maiores, a proposta tamén inclúe a creación dun Xulgado de Primeira Instancia e Instrución (número 2) en Sarria.

No caso da Coruña, pide unha praza de maxistrado/a na Sección Segunda da Audiencia Provincial, que ten competencia penal; así como un xulgado do Social, outro do Mercantil e un xulgado de Primeira Instancia.

Para Pontevedra propón dúas prazas de maxistrado/a nas Seccións Segunda e Cuarta da Audiencia Provincial, que teñen competencia penal; ademais dun xulgado do Social en Vigo.

Pola súa banda, para Ourense demanda un xulgado de Primeira Instancia e unha praza de maxistrado/a na Sección Primeira da Audiencia Provincial, que ten competencia civil.

REFORZADOS

A proposta da Sala de Goberno do TSXG está baseada, principalmente, “nos números de entrada de asuntos que se rexistra nestes órganos xudiciais”, explica o alto tribunal galego. “En todas as xurisdicións ou seccións da Audiencia incluídas na listaxe supéranse amplamente os módulos de entrada establecidos polo Consello Xeral do Poder Xudicial e, na actualidade, case a totalidade están reforzados con comisións de servizo”, advirte o TSXG.

Esta relación será estudada na próxima reunión da Comisión Mixta —formada polo Tribunal Superior e a Xunta— para “tratar de buscar unha proposta conxunta” que será a que se eleve ao Goberno central. Deberanse ter en conta, informan, as unidades que estea disposto a crear en Galicia o Ministerio de Xustiza durante esta anualidade.

ÚLTIMAS

Caballero carga contra Rueda por “esquecer” o AVE directo a Madrid: “É a obra máis importante para Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou este martes ao presidente da Xunta, Alfonso...

A Xunta defende o papel estratéxico da EFCA en Vigo polo control pesqueiro

A Xunta de Galicia defendeu o "papel estratéxico" da Axencia Europea de Control da...

A Xunta cifra en 4,3 M€ as axudas da Xunta a Vigo para residuos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este martes a...

Confirmada a condena de 4 anos por agresión sexual á filla da parella en Vigo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...