InicioEconomía"Gasto histórico" de Vigo en benestar comunitario: 177 euros por habitante

“Gasto histórico” de Vigo en benestar comunitario: 177 euros por habitante

O goberno municipal recortou o gasto en educación, vivenda, deporte e mellora do medio ambiente, recolle un informe de OSUR.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Observatorio de Servizos Urbanos (OSUR), plataforma pertencente á Asociación pola Excelencia dos Servizos públicos (AESP), sitúa como “gasto histórico” o investimento da cidade de Vigo destinada en 2019 ao capítulo de benestar comunitario, no que engloba servizos como xestión de residuos, limpeza viaria, abastecemento de auga, rede de sumidoiros, servizos funerarios e iluminación, con 177,26 euros/habitante.

Un informe elaborado por OSUR no que se analiza a evolución das contas municipais entre os anos 2010 e 2019 para 20 cidades españolas sinala que o ano pasado o gasto en limpeza viaria en Vigo subiu de 69,50 euros a 72,26 euros por habitante en 2019, o que equivale a un 12% máis.

No referente a seguridade e orde pública, Vigo gastou en 2019 o seu máximo da década, 58,21 euros por habitante (un 3,15% máis que en 2018). Ademais, destaca o gasto en información e promoción turística, con 16,25 euros por habitante en 2019.

CAÍDAS DE INVESTIMENTO

No entanto, en materia de educación, o goberno municipal de Vigo recortou o gasto en 2019 ata os 47,75 euros. Así mesmo, en canto a transporte público, o gasto baixou en 2019 un 0,81%, ata os 43,07 euros por habitante.

Ademais, a área de Vivenda quedou cun gasto de só 0,23 euros por habitante, dedicados integramente á promoción e xestión de vivenda de protección pública.

En promoción e fomento do deporte, Vigo reduciu o gasto ao pasar de 10,37 euros por habitante a 9,48 euros en 2019. Ademais, destináronse 45,16 euros a instalacións deportivas.

En cuestión de protección e mellora do medio ambiente, o goberno socialista de Vigo recortou unhas décimas o gasto ata os 5,19 euros por habitante en 2019.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...