InicioCultura(fotos e vídeos) Así son os restos atopados da antiga muralla e...

(fotos e vídeos) Así son os restos atopados da antiga muralla e da Porta do Sol de Vigo

O Concello di que está a concluír coa catalogación da antiga muralla da cidade antes do inicio das obras de peonalización. A Xunta advirte que se os restos son importantes, haberá que conservalos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballos de peonalización da Porta do Sol, en Vigo, acaban de sacar á luz os restos do que podería ser o sistema defensivo da muralla do século XVII e a antiga Porta do Sol. Uns restos que están sendo catalogados polo Concello dentro dos traballos do túnel da Porta do Sol.

Estás obras están autorizadas pola Xunta pero “cunha serie de cautelas”, tal e como apuntan desde a Consellería de Cultura a Xornal de Vigo. O Concello de Vigo presentou un estudo a Patrimonio das obras que ía realizar en toda a zona. Un informe que foi autorizado pola Xunta en outubro do pasado ano e que recolle realizar “un control de área” das escavacións que se realizan na contorna da Porta do Sol e un “total control arqueóloxico de todas as obras”.

Desde a Xunta suliñan que, dependerá dos achados que se atopen nela, a continuidade ou non desas obras ou a “conservación” dos tramos da antiga muralla e portas da cidade en función da súa importancia. “Supoñemos que o arqueólogo de Vigo que é un profesional saberá o que mellor convén e que logo nós supervisaremos”, apuntan.

“CUMPLIMENTO DA RESOLUCIÓN DE PATRIMONIO”

No proxecto presentado a Patrimonio,segundo apunta o Concello de Vigo, está o “rexistro da traza e características dos escasos restos [da antiga muralla do sećulo XVII] que poidan quedar”, no tramo comprendido entre o edificio Simeón e a rúa Carral. “Iso é precisamente o que estamos a facer nestes momentos, concluír coa catalogación da antiga muralla da cidade antes do inicio da obra propiamente dita, dando cumprimento á resolución de Patrimonio da Xunta de Galicia”, sinalan dese o consistorio municipal.

Por iso, “lamentan” que o Goberno de Núñez Feijóo “estea a xerar alarma con filtracións interesadas”. “Este Goberno, co seu alcalde á fronte, é o maior garante da conservación do patrimonio histórico da cidade, tal e como se está a facer por exemplo no Barrio do Cura, mantendo a fachada do antigo asilo que o anterior goberno do PP ía tirar”, indicaron nun comunicado.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...

Vigo creará un Observatorio da Vivenda coa UVigo e unha empresa pública para crealas

O Concello de Vigo aprobará a próxima semana un convenio con Universidade olívica para...