InicioEconomíaPemex presenta denuncia penal ante a Fiscalía mexicana pola compra do estaleiro...

Pemex presenta denuncia penal ante a Fiscalía mexicana pola compra do estaleiro Barreras

O director xeral da empresa mexicana cre que se puido cometer un delito de fraude administrativo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director xeral de Petróleos Mexicanos (Pemex), Octavio Romero Oropeza, informou esta semana que se interpuxo unha denuncia penal ante a Fiscalía mexicana pola participación da empresa paraestatal no estaleiro vigués Hijos de J. Barreras.

Segundo informa a prensa mexicana, a denuncia foi presentada contra Emilio Lozoya Austin, quen dirixía Pemex cando se produciu a compra do 51 por cento das accións do estaleiro, en creba, en 2013, unha operación que os directivos aseguran que causou unhas perdas de 50 millóns de euros á empresa mexicana.

Romero Oropeza recordou que, malia a compra, Pemex non participou na administración do estaleiro ata a chegada do novo Goberno mexicano, cando tomou o seu control. “Nunca houbo unha participación de Pemex, non participou na súa administración”, sentenciou.

Agora consideran “inxusticado” o investimento e censuran a “nula ou mala administración” do estaleiro vigués entre os anos 2014 e 2018, motivos polos que se presenta a denuncia penal, pola posible comisión dun delito de administración fraudulenta.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...