InicioSociedadeVigo, entre as cidades do seu tamaño en España con maior atasco...

Vigo, entre as cidades do seu tamaño en España con maior atasco nos xulgados

Os asuntos en trámite en Vigo creceron un 61 % desde 2016, o dobre que no conxunto de Galicia, e 4,5 veces máis que a media española.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo é a cidade entre as do seu tamaño que máis asuntos ingresa por cidadán nos xulgados, con 4,1 por cada 100 habitantes no terceiro trimestre do ano, informou este xoves o Ilustre Colexio de Procuradores de Vigo.

A pesar do incremento dun 10 % na súa capacidade de resolución, a maior urbe de Galicia contaba con 20.014 asuntos en trámite ao 30 de setembro de 2019, segundo os últimos datos publicados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, e sitúase como a cuarta cidade española con máis atasco xudicial por detrás de Alacante, Bilbao e A Coruña.

Os asuntos en trámite en Vigo, que é a cidade con máis xulgados por habitante, cunha sala por cada 8.390 cidadáns, creceron un 61 % desde 2016, o dobre que no conxunto de Galicia, e 4,5 veces máis que a media española.

O estudo realizado polo Colexio de Procuradores de Vigo a partir dos datos oficiais do Consello Xeral do Poder Xudicial ( CGPJ) inclúe dez das 20 maiores cidades españolas de tamaño similar a Vigo.

Con 12.039 asuntos ingresados entre xullo e setembro de 2019, sitúase na segunda posición entre as cidades cuxa poboación oscila entre os 250.000 e os 300.000 habitantes que con máis preitos xudiciais ingresados nos seus xulgados, só por detrás de Alacante.

Para paliar esta situación, os procuradores vigueses, apoiados polo Consello Galego de Procuradores e Consello Xeral dos Procuradores de España, desenvolven desde hai un ano un plan para mellorar e axilizar o funcionamento dos xulgados en Vigo.

ÚLTIMAS

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...