InicioSociedadeA Comisaría de Vigo homenaxea os seus axentes xubilados no 196 aniversario...

A Comisaría de Vigo homenaxea os seus axentes xubilados no 196 aniversario da Policía

A delincuencia itinerante e a ciberdelincuencia, entre os retos de seguridade na cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisaría da Policía Nacional de Vigo celebrou este venres o 196 aniversario deste corpo de seguridade cun acto no que se rendeu homenaxe a unha decena de axentes que se xubilaron o último ano, e no que tamén houbo palabras de recordo para a axente Vanesa Lage (falecida durante un atraco en 2014), e de recoñecemento para o axente ferido grave durante os pasados disturbios en Barcelona e para o funcionario que tamén resultou ferido durante unha intervención nun episodio de violencia machista en Vallecas hai uns días.

O acto contou coa presenza da comisaria provincial, Estíbaliz Palma; os alcaldes de Vigo e Redondela, Abel Caballero e Digna Rivas; a delegada da Xunta, Corina Porro; ou o comisario xefe de Vigo, José Luis de Luis; e estivo presidido pola subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, quen agradeceu o labor deste corpo policial ao longo de toda a súa historia, e lembrou que son un “alicerce fundamental” na actual sociedade. “Sodes o reflexo dunha sociedade madura e democrática”, sinalou.

Larriba tivo palabras de recordo para os axentes falecidos en acto de servizo, entre eles as vítimas do terrorismo, ou a propia Vanesa Lage, que morreu polos disparos dun atracador en Vigo. “Está na nosa memoria e no noso corazón, e estamos na obrigación de lembrala ano a ano”, proclamou.

Finalmente, a subdelegada do Goberno recoñeceu que as condicións da Policía Nacional “foron díficiles” nos últimos anos e que os responsables do Executivo son “coñecedores” desta circunstancia. “Porase todo o empeño en mellorar a vosa situación”, prometeu.

RETOS DA SEGURIDADE EN VIGO

Pola súa banda, o comisario xefe de Vigo, José Luis de Luis Gallego, lembrou tamén durante a súa intervención a Vanesa Lage, e tivo palabras de recoñecemento para os axentes xubilados, que dedicaron a maior parte da súa vida ao servizo dos demais, “cumprindo con sacrificio e dedicación”.

Con respecto ao labor policial na cidade olívica, o comisario admitiu que os axentes están “moi atentos ao tráfico e consumo de drogas”, “especialmente preocupante” no caso da heroína. Así mesmo, sinalou como “outro dos retos” da Policía en Vigo a loita contra a delincuencia itinerante e a ciberdelincuencia.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...