InicioMedio Ambiente e PatrimonioCea literaria para reivindicar a restauración das dunas dos areais de Fontaíña...

Cea literaria para reivindicar a restauración das dunas dos areais de Fontaíña e Baluarte en Coruxo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Na primavera de 1993 deron comezo os traballos de restauración das dunas dos areais de Fontaíña e Baluarte (Coruxo, Vigo) co que, na actualidade, este proxecto que aínda se está levar a cabo vai cumplir 25 anos.

Na Asociación Fontaíña o celebran organizando unha cea literaria conmemorativa o vindeiro 30 de xuño na que queren xuntar a todas as persoas que colaboraron ou simpatizan co proxecto dende os seus inicios no Grupo Erva ata a actualidade, xa na Asociación Fontaíña, e na que cada un dos asistentes terá a opción de levar poemas ou textos breves inspirados nas dunas de Fontaíña e Baluarte para ler e disfrutar cos demais comensais. 

“Cómpre lembrar que cando comezamos traballar neste interesante ecosistema dunar atopábase nun estado de degradación moi avanzado e agora, tras as tarefas de restauración, forma parte do Espazo Natural de Interese Local “Complexo duna-areal dos areais do Vao e Baluarte”, subliñan.

Daquela case que non había experiencias de restauración dunar en Galicia polo que o proxecto foi pioneiro: “Tras vintecinco anos de esforzo continuado, o proxecto ben se merece unha cea de celebración”.

“Ademais desta actividade, ó longo do ano proseguiremos cos traballos de restauración ambiental nos tres espazos naturais onde habitualmente traballamos: areais e dunas de Fontaíña e Baluarte, areal e dunas de Cabo de Mar e Xunqueira do Lagares; e temos previsto organizar outras actividades como palestras temáticas, actividades que conxuguen arte e natureza, os xa tradicionais censos de aves acuáticas…”, engaden.

Para máis información, o seu blog fontainhavigo.blogspot.com e a súa páxina de Facebook, sendo actividades abertas á participación de todo o mundo. Para as dunas de Fontaíña e Baluarte fixaron dous obxectivos concretos para 2018: renovar o itinerario autoguiado de interpretación ambiental e proseguir coa solicitude de retirado da ducha sobre as dunas.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...