InicioSucesosDetidos catro mozos por ameazar con navallas a persoal dunha discoteca

Detidos catro mozos por ameazar con navallas a persoal dunha discoteca

Os catro sospeitosos agrediron aos compoñentes do equipo de seguridade e ameazáronos de morte.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a catro novos de nacionalidade portuguesa e domicilio no Porto, de entre 20 e 24 anos de idade, como presuntos autores dun delito de ameazas graves.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na madrugada deste venres, cando se recibiu unha alerta na central do 091 por unha liorta nunha discoteca da rúa Areal.

Os axentes observaron ao chegar un tumulto na entrada do local e, no medio, un grupo de varias persoas vociferando e lanzando golpes coas mans a outro grupo que tentaba refuxiarse no interior da discoteca.

Co apoio doutras dotacións de Policía Nacional e Policía Local lograron separalos e procederon ao rexistro dos presentes. Nese proceso, os axentes incautáronse dunha navalla plegable e outra de tipo bolboreta.

Segundo as testemuñas, os catro sospeitosos agrediron aos compoñentes do equipo de seguridade e ameazáronos de morte, exhibindo as navallas. Nese momento, procedeuse á detención deses catro mozos, un dos cales tivo que ser reducido porque se resistiu e se mostrou hostil ante os policías.

Os agredidos e os agresores foron atendidos en centros sanitarios e, posteriormente, os segundos foron trasladados a dependencias policiais, onde se comprobou que carecen de antecedentes, quedando á espera de ser postos a disposición do xulgado.

ÚLTIMAS

O Sergas anuncia a intervención pública do servizo de ambulancias de Vigo, Moaña e Cangas

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou que se iniciaron os trámites para intervir,...

Vigo, a cidade con menor suba de afiliados á Seguridade Social en marzo

Os afiliados á Seguridade Social subiron en marzo nas sete cidades galegas, con Ferrol á...

O PP de Vigo pedirá un pleno extraordinario sobre o AVE Vigo-O Porto tras o rexeitamento do PSOE a unha moción urxente

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo promoverá un pleno extraordinario para instar o Goberno de España...

Queiman un coche de forma intencionada en Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional acudiron na madrugada deste...