InicioSucesosFeridas sete persoas en catro choques na A-55 en Mos

Feridas sete persoas en catro choques na A-55 en Mos

O accidente produciuse á altura da parroquia de San Mamede de Petelos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sete persoas foron evacuadas na mañá deste mércores despois que se rexistrasen catro choques por alcance na autovía A-55 ao seu paso polo concello pontevedrés de Mos.

Segundo informou o 112 Galicia, membros de Protección Civil da localidade indicaron que sete vehículos se viron implicados en catro accidentes á altura da parroquia de San Mamede de Petelos.

Unha persoa afectada nestes sinistros foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo e os outros seis feridos foron levado ao hospital vigués de Fátima.

Ás 9,30 horas, o 112 Galicia recibiu unha chamada de alerta na que solicitaban medios para un accidente no punto quilométrico 12 da A-55, sentido Vigo. Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e de Protección Civil de Mos, ata o lugar dos feitos desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal de mantemento das estradas.

Por parte do 112 Galicia tamén se pasou aviso aos Bombeiros do Porriño e á Policía Local.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...