InicioSociedadeUn proxecto vigués estuda novos sistemas de climatización baseados en enerxía xeotérmica

Un proxecto vigués estuda novos sistemas de climatización baseados en enerxía xeotérmica

Trátase dun proxecto conxunto da Universidade de Vigo e cinco empresas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un proxecto conxunto da Universidade de Vigo (UVigo) e cinco empresas que estuda sistemas de climatización xeotérmicos e a súa posible influencia na difusión do radón, comezou o seu terceiro e último ano de desenvolvemento, que culminará en setembro de 2020.

Segundo trasladou a universidade, na iniciativa, que conta cun orzamento de 820.000 euros financiado con fondos europeos e autonómicos, participan unha vintena de profesionais das empresas Extraco, Megodeza, Galaicontrol, Renga Enerxía e Conexiona xunto a investigadores da UVigo.

Así, o proxecto ‘Geo4radón’, dirixido polo investigador da universidade José Fernández Seara, busca desenvolver bombas de calor máis eficientes para aplicar á calefacción de edificios a partir de enerxía xeotérmica.

Para iso, crearase un sistema unificado que recolla a enerxía obtida e estudarase como recargar os pozos dos que se extraeu mediante aerotermos e forza solar.

Ademais, analizarase a presenza de radon nos pozos dos que se obterá a enerxía e a relación entre as perforacións xeotérmicas realizadas e a difusión deste gas no medioambiente.

En concreto, xa se construíron os campos de captación de enerxía e deseñáronse os sistemas de interconexión, así como os de recarga de pozos, que se situarán nun colector que manterá a súa temperatura. Así mesmo, finalizouse a construción da bomba de calor, que se atopa en fase de probas, e leváronse a cabo medicións relacionadas co control da presenza de radón.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...