A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, insistiu na necesidade de “revisar” o convenio polo que se compensa a Audasa polas obras de ampliación da AP-9 para que “deixe de ser un lastre para os galegos”. Unha decisión que defende agora tras evitar insistir nela durante os gobernos de Mariano Rajoy.
Preguntada tras unha rolda de prensa en Vigo, a conselleira lembrou que o Goberno galego conta cunha proposta para estudar un acordo polo que, segundo calculou, a concesionaria “recibirá 1.400 millóns de euros por obras que custaron 200“. En concreto, propuxera unha rebaixa da contía a 265,94 millóns de euros e que o importe o asumise o Goberno central, en lugar dos usuarios da vía.
Ademais, criticou que, en xaneiro, a AP-9 rexistrará a “maior” subida en peaxes de todas as autoestradas estatais, mentres noutras comunidades suprimiu o cobro dos mesmos. Así, Ethel Vázquez lembrou que a autoestrada do Atlántico “vertebra o 60 por cento” da comunidade e explicou que a subida das súas peaxes leva un “agravio” para os galegos en comparación con residentes noutras rexións.
BNG E EN MAREA