InicioEconomíaAs luces de Nadal de Vigo custan 3,70 euros por habitante

As luces de Nadal de Vigo custan 3,70 euros por habitante

Estas son todas as actividades da celebración do Nadal na cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nas sete cidades de Galicia respírase xa ambiente do Nadal despois de que Ourense, Lugo, Santiago, Pontevedra e Ferrol acendesen este xoves a esperada iluminación. A partir desta semana, todas elas ofrecen á cidadanía actividades para a rapazada e non tan rapazada que inclúen desde concertos ata sesións de ‘escape room’, tirolinas, campamentos infantís e as xa tradicionais ‘papanoeladas moteiras’.

Como é habitual, Vigo foi a primeira en inaugurar as festas o pasado sábado 23 cun Abel Caballero que celebraba os “10 millóns de luces led” instaladas ata, previsiblemente, mediados de xaneiro.

A cidade olívica pasa este ano o millón de euros no seu gasto en iluminación, ata a contorna de 1,1 millóns, un 31,5% máis que o ano pasado e un 70,6% máis que en 2016. Esta cifra, 3,70 euros por habitante da maior urbe galega, significa un investimento á alza reflectido tamén na oferta programática.

O despregamento de luces acompañará durante as próximas semanas ao mercadillo ‘Cíes Market’ e á nora da Alameda, a principal novidade deste ano. O Nadal de Vigo disporá de dúas pistas de xeo, ‘karts’, un autobús turístico, un ‘photocall’ en Urzaiz e a rúa Progreso decorada con motivos de ‘Frozen II’.

Entre as actividades de animación, está previsto un ‘flashmob’ en Porta do Sol o domingo 15 de decembro e unha ‘Papanoelada moteira’ o sábado 21 que fará o percorrido entre Navia e o Sireno. Ademais, o Consistorio organizará a partir do 23 un campamento do Nadal para 250 nenos e nenas como unha ferramenta de conciliación.

ÚLTIMAS

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...