InicioSucesos"De súpeto, o tellado da miña casa desintegrouse, pasou un minuto e...

“De súpeto, o tellado da miña casa desintegrouse, pasou un minuto e xa non tiña nada”

Falamos con Suso, un veciño que vivía a só 25 metros do almacén e estaba alí coa súa familia no momento da explosión, pero por sorte conseguiron salvarse.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Suso vive a entre 20 e 30 metros do almacén que se converteu no epicentro dunha explosión que chegou a sentirse a decenas e decenas de quilómetros. Para este veciño de Paramos (Tui), a sensación foi a dun avión caendo fronte a el: “De súpeto, o tellado da miña casa desintegrouse, pasou un minuto e xa non tiña nada“.

“Non sei como saímos vivos de dentro, simplemente o destino non quixo levarme”, recoñece. E engade a fortuna de que non teñamos que lamentar unha catástrofe aínda maior, se chega a producirse a explosión de noite: “Podería ter sido unha masacre brutal. Á hora que foi, as catro da tarde, polo menos a maioría da xente non estaba nas casas, andaban a traballar ou o que fose. Non me quero nin imaxinar se chegamos a estar todos…”

Explosión de Tui / Miguel Núñez

O seu cuñado é especialista en explosivos nunha canteira, e comentoulle que con medio quilo de dinamita bastaría para volatilizar unha vivenda, e no almacén había miles de quilos: “O que non entendo é como unha persoa pode atreverse a meter explosivos arredor das casas. Hai xente que está a dicir, como non se decataron os veciños diso? Pero nós miramos á xente, aos coches, aos camións, entrar e saír e nada máis. Cada un está á súa vida, que sabemos do que están a descargar?”

Porque o detido, dono da pirotécnica, é tamén un veciño “de toda a vida“. Sabían que tiña a empresa, pero non imaxinaban que estivera a almacenar alí tal cantidade de material: “E está a dicir a mesma Garda Civil que o que gardaba non era o foguete, que rebenta e xa, senón cartuchos de dinamita, e de feito non foi só unha explosión, a primeira provocou máis, unha serie delas“.

Suso, apagando os lumes / Miguel Núñez

Censura ademais que “calquera material explosivo ten que estar nunha instalación habilitada para ese fin, que no suposto de que salte polos aires non pase máis nada, e aquí o que había era un tellado de ferro, e punto, sen sistema contra incendios nin sequera, coma levar unha bomba no peto do pantalón“.

Explosión de Tui / Miguel Núñez

E estoupábanlle os oídos, non podía escoitar nada nos primeiros segundos, había fume por todas partes e tentou salvar a vida da súa familia, “que son todo o que teño, e estamos vivos, iso é o importante, todo o material pode arranxarse“.

Sacou á súa familia do perigo. “E logo volvín á miña casa e xa non estaba, xa non quedaba nada, estaba esnaquizada, tivéronme que deixar ata un cargador para o móbil para estar comunicado”, relata. Máis tarde, marcharía ata o Centro Cultural de Guillarei para informarse e intentar, pouco a pouco, intentar recuperar a normalidade na súa vida.

ÚLTIMAS

Nova polémica no Pleno de Vigo tras aprobarse un novo programa de vivendas para familias vulnerables

A Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobou este martes unha iniciativa para pór en...

Caballero atribúe a subida do recibo de lixo á “estafa” de Sogama: “Rueda débese crer que en Vigo somos parvos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou a "caradura política" do PP por pedir...

Zona Franca e UVigo asinan o novo convenio para a Cátedra Ardán, que incrementa o orzamento ata 960.000 euros

O delegado da Zona Franca, David Regades, e o reitor da Universidade de Vigo,...

Enfróntase a 3 anos de cárcere por posesión e distribución de pornografía infantil en WhatsApp

Un veciño de Vigo sentará este mércores no banco dos acusados do xulgado do...