InicioVigo e contornaMosO PP critica que a Deputación de Pontevedra subvencione o festival 'Paremos...

O PP critica que a Deputación de Pontevedra subvencione o festival ‘Paremos o pelotazo’, que “ataca” o Concello e Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP arremeteu contra a Deputación de Pontevedra por usar fondos da administración provincial para “subvencionar accións políticas contra o Concello de Mos”, en concreto o festival ‘Paremos o Pelotazo’.

O evento celebrouse o 16 de novembro na Sala O Rebullón do Centro Social As Pedriñas de Tameiga, organizado pola plataforma “A Auga é Vida”, co obxectivo de financiar as alegacións contra a modificación puntual da PXOM de Mos aprobado en pleno (para darlle encaixe legal ao proxecto do Celta de Vigo e o seu centro comercial).

Nunha comparecencia diante do Pazo Provincial, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os deputados provinciais do Partido Popular Jorge Cubela, Pepa Pardo, Carmen Amoedo e Alejandro Lorenzo, esixiron “explicacións claras e contundentes” da presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva e reclamaron “a asunción de responsabilidades políticas” polo patrocinio dese festival.

“É moi pouco ético e moral que se usen fondos públicos para atacar a un Concello e aos seus veciños”, sinalou, para logo lamentar que se “confunda o papel das institucións co uso partidista”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo asegurou que “non se pode permitir que a Deputación insulte” o municipio, polo que avisou con tomar accións legais en caso de ser necesarias. Arévalo insistiu en que “por enriba de todo o proxecto da Cidade Deportiva de Mos hai un paraugas que é a legalidade” e indicou que tamén “se trata dun proxecto beneficioso para Mos”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...