InicioEconomíaPSA Citröen saca peito da importancia deste grupo nas empresas do sector...

PSA Citröen saca peito da importancia deste grupo nas empresas do sector da área de Vigo

Prevé máis de 1.000 millóns anuais de volume de negocio para as empresas de compoñentes de Galiciaco K9 e V20.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo PSA cifrou en máis de 1.000 millóns de euros anuais o volume de negocio que prevé a partir do ano 2020 para as empresas de compoñentes de Galicia polos novos modelos K9 e V20, dos que estima que 650 millóns de euros anuais serán polo K9 e outros 400 millóns polo V20.

Así o trasladou este xoves o director xeral do Polo Industrial Ibérico do grupo PSA, Frédéric Puech, no marco da asemblea do Ceaga, celebrada na sede do Centro Tecnolóxico de Automoción (CTAG), no Porriño (Pontevedra).

Na súa intervención, Puech subliñou que o ano 2018 será “un ano relevante” para a planta de PSA en Vigo, porque lanzará os novos vehículos comerciais lixeiros (do modelo K9), que “aseguran importantes volumes de produción para os próximos 10 anos“, e porque prepararán a industrialización do novo modelo V20.

Neste marco, tamén destacou que o K9 “é unha realidade”, posto que a factoría viguesa xa está “a fabricar 20 vehículos ao día”, e a previsión é que “antes de verán” comecen a súa produción en serie.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...