InicioEconomíaCCOO esixe a dimisión do presidente do Porto de Vigo pola súa...

CCOO esixe a dimisión do presidente do Porto de Vigo pola súa actuación “ruín” con Vulcano

O sindicato entende que Enrique López Veiga está a "impedir por todos os medios" que as instalacións que ocupa o estaleiro manteñan unha actividade industrial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asemblea de delegados do metal de CCOO en Vigo esixe a dimisión do presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, pola súa actuación “desleal, opaca, malintencionada e ruin” respecto ao futuro das instalacións de Vulcano.

CCOO acusa a López Veiga de tentar “impedir por todos os medios” que as instalacións que ocupa Vulcano, inmerso nun proceso de liquidación, manteñan unha actividade industrial e pasen a ter un uso portuario.

Afea o seu incumprimento dos “compromisos adquiridos” cos traballadores do estaleiro “e mesmo co presidente da Xunta”, e que aposte pola “desindustrialización” da comarca de Vigo ao “impedir” a continuidade da concesión das instalacións de Vulcano máis aló de 2027.

Precisamente a ampliación da concesión é a condición que a empresa Vicalsa, especializada en reparación naval, puxo sobre a mesa para facer unha proposta formal para dar continuidade á actividade industrial nestas instalacións.

Sobre a crise en Barreras, CCOO ratifica o seu apoio á manifestación do próximo martes, cando os traballadores do estaleiro farán un paro de catro horas.

Considera este sindicato que urxe unha solución para evitar o “impacto mortal” sobre as empresas auxiliares que están a provocar as débedas contraídas con Barreras, e que agora “non é momento de buscar culpables”, senón de centrarse na procura de solucións.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...