InicioSucesosCaídas de árbores, postes, farois e muros por mor do temporal en...

Caídas de árbores, postes, farois e muros por mor do temporal en Vigo

Cancelado o servizo de transporte marítimo na ría.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Fortes refachos de vento provocaron 60 incidencias en Vigo atendidas por Bombeiros e Policía Local, ningunha grave, a maioría relacionada coa caída de árbores, postes, farois e muros, e co desprazamento de colectores, entre as 8.00 e as 13.00 horas, informaron fontes municipais.

Unha árbore caeu sobre un coche estacionado no Berbés e rompeu o parabrisas, e outro se esborrallou sobre o paseo de Montero Ríos.

En total, foron quince as incidencias por caída de árbores, pólas ou postes, dez por farois e cableados descolgados, tres por desprendemento de muros, 14 por valos e carteis e 17 por colectores desprazados.

O servizo de transporte marítimo na ría de Vigo foi cancelado por climatoloxía adversa e un voo de Air Europa procedente de Madrid que tiña previsto aterrar no aeroporto de Peinador ás 11.50 horas tivo que volverse á capital.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...