InicioSociedadePor que houbo unha praga de ratas no comedor dun centro da...

Por que houbo unha praga de ratas no comedor dun centro da Cañiza?

Educación lamenta as "molestias" a pais e estudantes e remarca que se traballa para que "todo estea en perfecto estado de revista" a semana que vén.

PUBLICADO O

- Advertisement -

 O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, atribuíu a un “desaxuste na comunicación entre o Concello e a Xunta” os problemas derivados da praga de ratas nun comedor do colexio da Cañiza (Pontevedra) e as actuacións fronte á mesma.

Román Rodríguez fixo estas declaracións acompañado do xefe territorial de Educación de Pontevedra, César Pérez Ares, a quen culpou este luns o alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez (PP), por non actuar con celeridade neste caso.

Este martes, o conselleiro pediu desculpas á comunidade escolar do colexio polo peche do comedor que “obviamente xerou molestias”. “Lamentamos esas molestias que lles causou ás familias“, esgrimiu.

No CPI da Cañiza estudan 530 alumnos. Entre outros contratempos, o peche do comedor obrigou a reaxustar o horario de autobuses e os alumnos de ESO están a ter menos horas lectivas.

“EN PERFECTO ESTADO DE REVISTA”

Román Rodríguez informou de que, nestes momentos, “os servizos sanitarios xunto cos educativos e o Concello están a traballar para que estea todo en perfecto estado de revista para a semana que vén” e engadiu que, “se non é o luns, será ao longo da semana”. Mentres tanto, o comedor permanecerá pechado ata ter os resultados das probas bacterianas.

“Foi un incidente puntual que pode pasar ao longo do verán“, sinalou o conselleiro de Educación, para quen “o importante” é que “tarde ou cedo se tomaron medidas cando se tivo coñecemento”. Finalmente, Rodríguez destacou que “o que se prioriza aquí sempre é a máxima seguridade sanitaria e alimentaria dos alumnos”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...