InicioSucesosUn defecto na convocatoria do xurado provoca a suspensión do xuízo polo...

Un defecto na convocatoria do xurado provoca a suspensión do xuízo polo asasinato de Ana Enjamio

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede Vigo, suspendeu o xuízo contra o acusado de asasinar á nova enxeñeira Ana Enjamio, por defecto na tramitación da convocatoria dos candidatos a formar o tribunal de xurado.

Así o confirmaron fontes xurídicas da defensa, que explicaron que o defecto da tramitación afecta o cuestionario que os candidatos a xurado deben cumprimentar obrigatoriamente.

A vista contra César A. O. ía comezar este xoves e estaba sinalada ata o próximo 22 de novembro. A nova data de celebración do xuízo fixouse o 9 de decembro.

Fontes xudiciais explicaron que, dado o exiguo dos prazos, optouse por non entregar aos novos candidatos a xurado o cuestionario que legalmente deben cubrir, coa previsión de realizar ese trámite este mesmo xoves, día previsto de inicio do xuízo.

Con todo, a lei establece que as partes terán un prazo de 5 días para estudar eses cuestionarios e poder, en base a esa información, decidir a quen dos seleccionados poden recusar (a defensa ten dereito a recusar a 4 candidatos e as acusacións, neste caso a familia da vítima, a Fiscalía e a Xunta, poden recursar a outros 4, entre todas elas).

ASASINATO

A Fiscalía pide para as acusado penas que suman 27 anos de prisión polos supostos delitos de asasinato e acoso, mentres que a acusación exercida pola Xunta eleva a petición de penas a 33 anos de cárcere, ao imputar tamén un suposto delito de vulneración da intimidade. Mentres, a defensa pide a súa libre absolución.

O ministerio público considera que César A.O. someteu a Ana Enjamio a un total acoso e fustrigación durante meses, ao non aceptar o fin da relación que ambos mantiveron. Ese acoso tivo un desenlace fatal o 16 de decembro de 2016, cando César esperou preto do piso de Ana a que ela regresase de madrugada dunha cea de empresa.

Cando a moza se dispuña a subir á súa casa, o acusado sorprendeuna no portal e asestoulle polo menos 28 coiteladas. Nin a arma do crime, nin a roupa que César levaba nese momento, nin o teléfono móbil da vítima foron localizados.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...