InicioSociedadeO Goberno galego aumenta un 56% o orzamento para renovar a frota...

O Goberno galego aumenta un 56% o orzamento para renovar a frota do Servizo de Gardacostas

Rosa Quintana subliñou que o Executivo busca así blindar o sistema galego de procura, salvamento e intervención contra a contaminación mariña, así como a loita contra o furtivismo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno galego aumentará nun 56% a contía para a renovación parcial da frota do Servizo de Gardacostas de Galicia nos orzamentos de 2020, o que suporá un investimento de seis millóns de euros para afrontar o pago correspondente da patrulleira de altura que substituirá á ‘Paio Gómez Chariño’ e doutra lixeira para ampliar a frota, que se están construíndo na área de Vigo.

Así o sinalou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, este venres tras a súa participación nun seminario sobre o tratamento do lixo mariño, onde asegurou que a Xunta reafirmou “o seu compromiso” coa protección e o control dos produtos do mar, a mellora do medio mariño e o salvamento marítico mediante un incremento do 3% desta partida nos orzamentos do ano que vén.

Tal como recolle a Xunta nun comunicado, Quintana subliñou que o Executivo autonómico busca así blindar o sistema galego de procura, salvamento e intervención contra a contaminación mariña, así como a loita contra o furtivismo.

Ao seu xuízo, as contas para o próximo ano “supoñen avanzar no plan de renovación parcial da frota”, que prevé a construción de catro patrulleiras lixeiras aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control de apoio á frota, colaboración en operacións de procura e salvamento e participación en actividades de loita contra a contaminación. Dúas destas embarcacións xa foron entregadas, mentres que outras dúas e a gran embarcación están en proceso de construción nun estaleiro da ría de Vigo.

“Esta renovación da frota de Gardacostas súmase á mellora dos medios terrestres e á ampliación do cadro de persoal do organismo autonómico, que incorporou máis de 40 profesionais nos últimos anos para labores de inspección veterinaria e de loita contra o furtivismo”, sentenciou Rosa Quintana.

ÚLTIMAS

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...

Traballadores de Stellantis Vigo denuncian a “cara oculta” da fábrica: precariedade, estrés e cargas insostibles

Traballadores de Stellantis Vigo concentráronse este martes diante das portas da fábrica para denunciar...