InicioMovementos Sociais30 minutos de silencio en Vigo polas persoas migrantes

30 minutos de silencio en Vigo polas persoas migrantes

PUBLICADO O

- Advertisement -

Co gallo doi Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, a Rede Social Galicia Sur organizou o primeiro Círculo de Silencio en Vigo, na Farola de Urzáiz coa rúa Príncipe.

Alí, os asistentes, con media hora de silencio, quixeron expresar a súa indignación polas políticas que xustifican “o libre movemento de capitais e das empresas transnacionais fronte á represión e ás barreiras que se alzan ante millóns de persoas, vítimas inocentes dos estragos dun capitalismo depredador e asasino”.

Un silencio en solidariedade coas persoas migrantes para denunciar as políticas española e europea nas fronteiras, fronte as cales reclaman “outras políticas, outras miradas, comprometidas coas persoas antes que cos capitais, cos dereitos antes que cos poderes, coa vida digna antes que coa represión xeneralizada”.

Círculo de Silencio en Vigo, organizado pola Rede Social Galicia Sur / XdV.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...