InicioEconomíaAs auxiliares de Barreras ameazan con pedir responsabilidades aos xestores do estaleiro

As auxiliares de Barreras ameazan con pedir responsabilidades aos xestores do estaleiro

O estaleiro débelles uns 20 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha trintena de auxiliares ás que Barreras debe máis de 20 millóns de euros urxiron este xoves unha solución para o estaleiro porque “o tempo se esgota” e ameazaron con que se no prazo de apenas uns días non se despexa o futuro emprenderán accións para esixir responsabilidades.

Enrique Mallón, secretario xeral da patronal galega do metal, Asime, que auspicia esta plataforma de afectados que aglutinan máis do 70% das débedas de Barreras, denunciou que as negociacións para a venda do estaleiro están ” enquistadas” polo ” enrocamento” de determinados actores.

Deu máis pistas ao afirmar que “non se pode poñer en risco” ao sector naval galego no seu conxunto “porque unhas accións custen máis ou menos”, cando “o normal”, dadas as circunstancias, é que sexa “simbólico”, ou por “unhas garantías”.

Isto é, abundou, para que algún accionista de Barerras “salga un pouquiño mellor parado” nunha hipotética operación de compravenda.

Respecto diso, Mallón apelou a non “provocar” que “un posible comprador” do estaleiro acabe “cambiando de opinión”.

“Non imos permitir que isto acabe nun drama sectorial de magnitudes incalculables” por este tipo de posicionamentos, proclamou Mallón, quen reiterou que as auxiliares non aceptarán ningún tipo de quitas, aínda que ningunha das partes implicadas na operación lles trasladou esta intención.

O secretario xeral de Asime fixo fincapé en que as empresas auxiliares que traballan para Barreras teñen “capacidade técnica suficiente e contrastada” para acabar “nun prazo razoable” os barcos de Ritz Carlton e os outros que ten en carteira o estaleiro vigués.

Esta é a mensaxe que trasladará aos representantes do consorcio estadounidense e do fondo investidor Oaktree.

Pero para as auxiliares “o tempo esgótase”, insistiu Mallón, dado que algunhas arrastran créditos ou débedas por enriba do millón de euros e xa se foron á rúa 700 traballadores.

De aí a súa intención de esixir responsabilidades aos actuais xestores do estaleiro se se acaba torcendo a operación de venda e se vai ao concurso de acredores, nese caso acudiríanse na peza de cualificación, segundo avanzou Alberto Rocha, portavoz e asesor xurídico da plataforma.

Preguntado por outras accións xurídicas que puidesen emprender os acredores no prazo de catro meses do preconcurso no que está inmerso Barreras, dixo que existen “vías penais”, pero para iso habería que coñecer antes as contas de 2018 e se existe un informe de auditoría e contén condicións.

A iso engadiu Enrique Mallón que habería que analizar tamén se houbo algún tipo de trato de favor a unhas empresas acredoras á hora das cobranzas.

Alberto Rocha tamén saíu ao paso dalgúns “rumores” e salientou que “non é viable” outra opción que non sexa terminar o mini cruceiro de Ritz Carlton en Barreras.

“Se alguén pensa deixar caer o estaleiro e levar o barco a prezo de ganga, equivócase”, advertiu.

ÚLTIMAS

O afundimento dun pesqueiro portugués en Bouzas obriga a despregar barreiras anticontaminación

O afundimento dun pesqueiro portugués abandonado, que se atopaba atracado na dársena de Bouzas,...

Vigo convértese no epicentro da oncoloxía de precisión coa reunión de 150 expertos nacionais

A sede de Afundación en Vigo acolle este xoves e este venres o VIII...

A comunidade educativa mobilízase en seis concellos da área de Vigo contra os recortes no ensino

Federacións de Anpas, Asembleas Abertas do Ensino Público e outros colectivos da comunidade educativa...

Caballero levará ao Goberno as “trampas” da RFEF e acusa á Xunta e ao PP de frear a candidatura de Vigo ao Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que manterá o próximo 2 de marzo...