InicioSociedadeEncontrado en Madrid o cadáver do veciño de Redondela que desaparecer o...

Encontrado en Madrid o cadáver do veciño de Redondela que desaparecer o pasado 5 de outubro

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo contactou coa muller máis unha semana despois de que se interpuxese denuncia pola desaparición e informoulle de que o cadáver foi atopado por unha señora ao día seguinte da devandita desaparición, nun carreiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O corpo sen vida de Juan Carlos G.V., de 47 anos de idade, natural de Redondela , e que permanecía en paradoiro descoñecido desde o pasado 5 de outubro, foi localizado nun carreiro en Madrid, sen signos aparentes de violencia, segundo confirmou a súa esposa.

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo contactou coa muller máis unha semana despois de que se interpuxese denuncia pola desaparición e informouna de que o cadáver foi atopado por unha señora ao día seguinte da desaparición, nun carreiro.

O falecido, que non levaba documentación, foi trasladado ao depósito e alí permaneceu durante máis dunha semana. A súa muller lamentou que non o identificaran antes, ou que non se lle notificase antes a aparición do corpo. “Non o entendo, porque se puideron comprobar as súas impresións dixitais, e tiña unha mancha na pel moi característica. Ademais, había denuncia de desaparición”, sinalou.

Juan Carlos G.V. estaba a vivir en Madrid por motivos laborais (traballaba nunha obra como escaiolista). O pasado 5 de outubro, os seus compañeiros deixárono preto da vivenda que compartía, no barrio de Canillejas e, a partir dese momento, perdéuselle a pista. A súa documentación foi localizada no seu domicilio madrileño e o seu teléfono móbil estaba apagado.

ÚLTIMAS

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Detidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma branca

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como suposto...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...