InicioMovementos SociaisA CIG mobilízase en defensa da viabilidade e sostenibilidade do sistema de...

A CIG mobilízase en defensa da viabilidade e sostenibilidade do sistema de pensións

PUBLICADO O

- Advertisement -

“O sistema público de pensións é unha conquista da clase traballadora a través de décadas de loita”, claman dende a CIG e que por iso saíron este martes ás rúas de 18 cidades e vilas galegas para esixir a derrogación das reformas das pensións de 2011 e 2013, das reformas laborais e da negociación colectiva.

A defensa das pensións dignas é unha das razóns polas que teñen convocada unha folga xeral para o 19 de xuño, considerándoa “a arma máis poderosa que temos para defender as pensións públicas” e os dereitos da clase traballadora galega.

 

As medidas anunciadas nos Orzamentos do Estado, de saír adiante, implicarían que “se non somos quen de impedilo, as futuras pensións poderanse ver reducidas até nun 20%. Por mor das reformas de 2011 e 2013 dificúltase cada vez o acceso as pensións contributivas, diminúen as contías das pensións de quen accede ao sistema e atrásase a idade efectiva de xubilación. Neste senso, non cómpre perder de vista que máis da metade das pensións galegas son inferiores ao salario mínimo interprofesional e temos as pensións máis baixas do Estado”.

O Goberno de Rajoy, enganden, “pretende facernos crer que as pensións públicas non son viábeis e que hai que complementalas con aforro e con pensións privadas. Non podemos caer nesta trampa. É a administración quen debe garantir unhas pensións públicas dignas. E pode facelo, non é un problema económico o que llo impide, só é precisa vontade política. O sistema público de pensións en Galiza, ou mesmamente un sistema público galego, é posíbel, viábel e capaz por si propio”.

E por iso “esiximos un sistema público de pensións que garanta que as pensións de hoxe e as de mañá, sexan dignas e se poida acceder a elas en equidade e sen obstáculos. Mais iso só será posíbel coa derrogación das reformas das pensións e laborais e un cambio radical nas políticas económicas e sociais aplicadas até agora, que só xeran pobreza e explotación laboral”.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...