InicioSucesosPiden 5 anos e 3 meses de prisión para o acusado estafar...

Piden 5 anos e 3 meses de prisión para o acusado estafar case 130.000 euros a un empresario portugués

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio Fiscal pide cinco anos e tres meses de prisión para un home, M.P.P, que está acusado de estafar máis de 127.000 euros ao xerente dunha entidade mercantil portuguesa sita en Vilanova da Cerveira que lle transferiu dita cantidade pola compra dun local que nunca chegou a ser do seu adquirido.

O xuízo celebrarase o vindeiro martes, 15 de outubro, na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, que ten a súa sede en Vigo.

En concreto, o presunto estafador era administrador de dúas compañías e pretendía adquirir unha terceira, ‘Sociedade de Agricultura de Grupo PF.’, da que JA.S.P. era xerente. Para iso, ofreceu case dous millóns de euros e “finxiu unha solvencia económica que non tiña”, apunta o escrito fiscal.

Ademais, o acusado puxo a condición de que para comprar esta nova entidade, o outro empresario tiña que adquirir unha das empresas que xestionaba M.P.P., un laboratorio de conxelación de embrións, por valor de 132.360 euros que supuñan a entrega e a instalación completa “no prazo de 15 días laborables”.

Pola súa banda, o prexudicado realizou a transacción pero nunca chegou a recibir a empresa comprada, mentres que o acusado quedou o importe “con ánimo de obter un proveito económico” e sen “intención de entregar” o laboratorio.

Ante os feitos que se recollen no documento, a Fiscalía acusa a M.P.P. dun delito de estafa “de cantidade notoria” e outro de “apropiación indebida”, que tamén aprecia un agravante de reincidencia porque o home xa conta cunha condena de dous anos e seis meses de prisión por outro delito de estafa que cometeu en 2009.

Ademais da pena demandada, o Ministerio Público pide unha multa de 20 euros diarios durante 12 meses.

ÚLTIMAS

O Concello de Vigo critica o “estado lamentable” da antiga estación de autobuses tras cederlla a Xunta

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello aceptará a cesión da...

O BNG esixe explicacións urxentes pola suspensión do contrato do bus de Vigo e alerta de “inseguridade xurídica”

O grupo municipal do BNG anunciou este martes que solicitará a convocatoria dunha Xunta...

O TSXG tumba a suspensión da licenza do Centro de Asociacionismo de Vigo e a Xunta estuda reclamar os custos ao Concello

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado pola Xunta...

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...