InicioPolíticaPedro Sánchez estará o vindeiro sábado en Vigo dentro dun acto de...

Pedro Sánchez estará o vindeiro sábado en Vigo dentro dun acto de precampaña

Os socialistas fixeron oficial a vista a Vigo do candidato á presidencia do Goberno polo PSOE, xa que ese mesmo día Sánchez acudirá a un foro na Toxa  antes da hora programada para que se persone no auditorio vigués.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, celebrará o vindeiro sábado, 5 de outubro, un acto de precampaña electoral no Auditorio Mar de Vigo da cidade olívica galega ás 18,00 horas.

Así o anunciou a vicesecretaria xeral do PSOE na provincia de Pontevedra, Paula Fernández Pena, a tarde deste domingo durante a celebración do II Festa de la Rosa que congregou aos socialistas da provincia nunha comida á que tamén asistiron o ministro do Interior en funcións, Fernando Grande-Marlaska, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero e o alcalde da cidade anfitrioa, Abel Caballero.

Desta maneira os socialistas fixeron oficial a vista a Vigo do candidato á presidencia do Goberno polo PSOE, xa que ese mesmo día Sánchez acudirá a un foro na Toxa  antes da hora programada para que se persone no auditorio vigués.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...