InicioPolíticaA alcaldesa de Mos di que "non haberá expropiacións forzosas" dos terreos...

A alcaldesa de Mos di que “non haberá expropiacións forzosas” dos terreos que quere o Celta

A rexedora compareceu este mércores en rolda de prensa, horas despois de que o Concello tivese que suspender un acto informativo na parroquia de Tameiga, no que se produciron desencontros e no que algún veciño resultou ferido e outros con ataques de ansiedade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa de Mos (Pontevedra), Nidia Arévalo (PP), asegurou este mércores que non haberá “expropiacións forzosas” na parroquia de Tameiga para a construción da Cidade Deportiva e complexo comercial promovido polo Real Club Celta e, aínda que admitiu que a expropiación é a “única fórmula xurídica” posible para que o proxecto tire para adiante, precisou que “haberá acordos” cos propietarios das parcelas.

A rexedora compareceu este mércores en rolda de prensa, horas despois de que o Concello tivese que suspender un acto informativo na parroquia de Tameiga, no que se produciron desencontros e no que, segundo confirmou Nidia Arévalo, algún veciño resultou ferido e outros con ataques de ansiedade.

A alcaldesa condenou estes altercados, protagonizados por “40 persoas que ía alí a armar batifondo”, e que impediron que outros moitos veciños puidesen recibir información por parte dela mesma e dos técnicos municipais achega do proxecto de Cidade Deportiva do Celta.

Arévalo denunciou que estas persoas, que se opoñen ao proxecto, basean os seus argumentos en “mentiras” e mesmo tentan “enganar” aos veciños, con afirmacións como que se pagarán as leiras a un euro por metro cadrado, que van asfaltar 900.000 metros cadrados de monte, ou que os veciños “van quedar sen auga”.

Segundo subliñou, haberá “acordos” na expropiación de terreos, como xa se alcanzaron na zona de Pereiras, onde se pagaron as parcelas a prezos de entre 12 e 18 euros o metro cadrado. “Que o Celta compre o que os veciños lle ofrecen”, sentenciou.

DEFENSA DO PROXECTO

A rexedora defendeu os beneficios desta actuación, non só para o Concello de Mos, que ingresará máis de 7 millóns en concepto de ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras), e un canon anual dun millón polo IBI; senón que tamén lembrou que o investimento previsto supera os 200 millóns, que se crearán 2000 postos de traballo, e se reforestarán para destinar a zona verde 400.000 metros cadrados (a actuación complétase con 250.000 metros de zona deportiva e outros 120.000 metros de zona comercial), ademais dos viarios, mellora de abastecemento e outras actuacións.

Por outra banda, lembrou que o seu apoio ao proxecto é coñecido desde antes das pasadas eleccións de maio, e que o pobo de Mos volveulle a outorgar a súa confianza de forma maioritaria (goberna con maioría absoluta de 9 edís).

CRÍTICAS Á OPOSICIÓN

A alcaldesa tamén criticou aos partidos da oposición, por porse ao lado de “os que foron a armar batifondo” e negou as acusacións de falta de transparencia, lembrando que os grupos municipais teñen toda a información sobre a modificación puntual da PXOM que irá a pleno o vindeiro luns (e que permitirá as expropiacións para a Cidade Deportiva), e que se abrirá un prazo de 2 meses para alegacións.

Arévalo foi especialmente dura co PSOE, a cuxos representantes acusou de “defender” antes a Vigo e a Abel Caballero, que se opón a que o Celta faga unha área comercial en Mos, polo dano que causará ao sector na cidade, que ao seu propio municipio.

A ese respecto, Nidia Arévalo advertiu de que Mos non quere seguir sendo un “municipio-alfombra” da cidade olívica, e que “ten dereito” a crecer. Ademais, sinalou que “nunca” se escoitou a Abel Caballero criticar actuacións como Porto Cabral ou as zonas comerciais do Centro Vialia. “Iso non ataca ao comercio de Vigo?”, cuestionou.

ÚLTIMAS

Caballero insiste: “Louzán ten que dicir que Vigo é sede do Mundial 2030”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este luns en que o presidente da Real Federación...

Achan na costa de Cádiz neveiras e un colector do buque que se refuxiou en Vigo tras un corremento de carga

Salvamento Marítimo coordinou durante esta fin de semana un amplo dispositivo en augas do...

OPINIÓN.- Burla verde en Samil. O greenwashing Caballero

Óscar Pazos R. Ecoloxistas de Galiza Atlántica e Verde A chamada 'Recuperación del sistema dunar...

Piden 18 anos de cárcere para dous homes que violaron e gravaron a agresión a unha nova de 18 anos en Vigo

A Fiscalía pide máis de 15 anos de cárcere para dous homes acusados de...