InicioCulturaImaxe, son, movemento e palabra no MARCO

Imaxe, son, movemento e palabra no MARCO

PUBLICADO O

- Advertisement -

Durante catro días consecutivos, os espazos do primeiro andar do MARCO abríronse a unha experiencia escénica e participativa, a través dunha proposta dirixida por A Artística (Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez), coa colaboración de dez artistas convidados.

‘Espazo en Espera’ foi o título dun proxecto que reuníu varias disciplinas artísticas. Nesta proposta colectiva, o obxectivo foi reflexionar sobre o propio lugar, converter as salas en lugares de acumulación de experiencias, nun “espazo en espera”, a través de distintas accións, performances e intervencións baseadas na imaxe, no son, no movemento e na palabra.

A proposta procurou a participación do público, considerando o museo como lugar de intervención cidadá e de encontro, alén da súa visión como espazo expositivo. Doce artistas de linguaxes diferentes —audiovisual, musical, plástico, téxtil, escénico, literario— ofreceron claves e acompañaron os visitantes a construír unha persoal e nova visión dese espazo.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...