InicioSociedadeVigo selecciona máis de 1.500 beneficiarios de axudas vivenda, comida e subministracións

Vigo selecciona máis de 1.500 beneficiarios de axudas vivenda, comida e subministracións

A partir de agora, procederase á notificación e ao pago das axudas, indicou o alcalde, quen lembrou que para evitar desafiuzamentos existe un fondo municipal de emerxencia de 800.000 euros e que é "ampliable ilimitadamente".

PUBLICADO O

O goberno local de Vigo deu luz verde ao pago de axudas para o aluguer ou a hipoteca de vivendas, alimentación e subministracións para 1.612 beneficiarios de 2.469 solicitantes, por un importe de 1.619.000 euros. O alcalde, Abel Caballero, detallou en rolda de prensa que a maior partida destinarase ás axudas de vivenda, concretamente 878.000 euros para 1.442 familias, mentres que a alimentación dedicaranse 435.000 euros e a subministracións, 307.000 euros.
Caballero especificou que a franxa de idade maioritaria dos beneficiarios destas axudas é a comprendida entre os 41 e os 51 anos, seguida da de 51 a 60 anos e dos 31 aos 40 anos. A partir de agora, procederase á notificación e ao pago das axudas, indicou o alcalde, quen lembrou que para evitar desafiuzamentos existe un fondo municipal de emerxencia de 800.000 euros e que é “ampliable ilimitadamente”.
Tamén informou da apertura esta tarde do primeiro tramo do carril bici que percorrerá a cidade desde Samil ata Teis. Trátase dun treito de 1,5 quilómetros na avenida de Castelao ao que dará continuidade, en aproximadamente un mes, un novo tramo na avenida de Venezuela. Caballero lembrou que neste proxecto a Deputación de Pontevedra inviste 3,5 millóns de euros por 900.000 euros o Concello de Vigo.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

O Celta de Vigo entrega á Deputación de Ourense material contra incendios recadado nunha xornada solidaria

O Real Club Celta de Vigo fixo entrega este domingo á Deputación de Ourense...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...