InicioEconomíaA nova sede da Tesouraría Xeral da Seguridade Social en Vigo ...

A nova sede da Tesouraría Xeral da Seguridade Social en Vigo comezará a funcionar a finais de 2020

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, avanzou que as obras da nova sede da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS) en Vigo finalizarán en decembro e que as instalacións, que albergan case 13.800 metros cadrados, entrarán en funcionamento no cuarto trimestre de 2020.

Tras unha visita realizada este martes ao edificio, situado na avenida García Barbón, Losada apuntou que este proxecto, iniciado en 2016, levou un investimento de 25 millóns de euros. Tamén concretou que o edificio contará con cinco plantas na fachada situada na avenida García Barbón e sete na súa parte posterior.

Ademais, detallou que o persoal desta sede estará composta por 210 funcionarios e que 50 deles traballarán de cara ao público. Nesta liña, sinalou que neste novo edificio centralizaranse os servizos prestados a 42.000 empresas e 200.000 persoas da zona.

Así, trasladaranse a estas instalacións as sedes das rúas Doutor Cadaval e San Roque durante os primeiros meses de 2020, mentres que as situadas nas rúas López Moura e Pintor Laxeiro permanecerán abertas.

Respecto das obras do novo edificio, Losada puxo en valor que se levaron a cabo mediante un “respecto da historia” da cidade a través do mantemento da fachada exterior orixinal do edificio, o que levou un atraso dos prazos barallados inicialmente.

Así mesmo, puxo en valor a destinación de 80 millóns de euros a proxectos relacionados coa cidade olívica por parte do Goberno nos últimos 26 meses. Deste xeito, fixo especial fincapé no cumprimento dos compromisos adquiridos, como a chegada da alta velocidade a Vigo mediante a adxudicación do estudo hidroxeolóxico do tramo comprendido entre esta urbe e Ourense.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...