InicioEconomíaDescende o tráfico de mercadorías no Porto de Vigo durante o mes...

Descende o tráfico de mercadorías no Porto de Vigo durante o mes de xullo

Os automóbiles, outros granitos e mármores e a maquinaria pecharon o mes en positivo xunto aos produtos químicos, que rexistraron un ascenso do 90 por cento fronte a xullo de 2018.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O tráfico de mercadorías descendeu un 1,59 por cento no Porto de Vigo durante xullo, en comparación co mesmo período do ano anterior, e sumou un volume de máis de 386.000 toneladas.

Segundo recolleu a Autoridade Portuaria nun comunicado, os automóbiles, outros granitos e mármores e a maquinaria pecharon o mes en positivo xunto aos produtos químicos, que rexistraron un ascenso do 90 por cento fronte a xullo de 2018.

Ademais, a pesca fresca, cuxo valor superou os 15,3 millóns de euros, ascendeu un 7,61 por cento e o avituallamento incrementouse nun 9,44 por cento. Mentres, a pesca conxelada, o granito en bruto e o gasóleo rexistraron valores negativos.

En xeral, o tráfico con outros países foi positivo e, en concreto, Canadá acumulou un incremento do 177,97 por cento, aínda que Francia continúa sendo o primeiro socio comercial. Mentres, o movemento nacional descendeu.

Así mesmo, no primeiro semestre do ano, o porto acumulou un movemento de 2.567.874 toneladas, case 55.000 menos que nese período de 2018, o que supuxo unha caída do 2,09 por cento. No entanto, rexistráronse melloras no tráfico de metais, cemento, madeira e granito en bruto.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...