InicioSucesosCondenado a cárcere e a pagar 89.000 euros por cobrar a pensión...

Condenado a cárcere e a pagar 89.000 euros por cobrar a pensión dun falecido durante seis anos

Figuraba como autorizado na conta do pensionista e seguiu dispondo do diñeiro sen informar o deceso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de Vigo, Isidoro C.B., foi condenado pola Audiencia de Pontevedra á pena de 2 anos de prisión e ao pago dunha multa de 89.000 euros como autor dun delito contra a Seguridade Social, ao cobrar durante 6 anos a pensión dun home falecido, e en cuxa conta bancaria figuraba como persoa autorizada.

A sentenza, que inclúe tamén a obrigación de devolver case 30.000 euros á Seguridade Social, e case 60.000 euros á entidade Abanca (con pago aprazado, a razón de 300 euros mensuais), foi ditada na sala da sección quinta da Audiencia, con sede na cidade olívica, e xa é firme, ao alcanzarse un acordo entre as partes.

En virtude dese acordo, suspéndese a execución da pena de prisión por un prazo de 5 anos, coa condición de que o procesado non volva delinquir nese tempo, e que atenda á súa obrigación de ir devolvendo, mes a mes, o diñeiro que corresponde ás entidades prexudicadas. Se incumpre estas condicións ou as ignora sen unha causa xustificada, a suspensión quedaría revogada e tería que ingresar en prisión.

FEITOS

Segundo recóllese no escrito de acusación pública, Isidoro C.B. figuraba como persoa autorizada para retirar diñeiro da conta dun pensionista. Aínda que o home morreu en 2010, a pensión seguiuse ingresando en dita conta ata 2016, momento en que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) verificou o falecemento.

O acusado, a pesar de ser consciente da situación, non informou á Seguridade Social da morte do home, e continuou dispondo das cantidades que se ingresaban nesa conta de Abanca, ata un total de 88.090,55 euros, durante eses 6 anos.

A entidade financeira reclama a cantidade que tivo que devolver ao INSS (58.397,94 euros, correspondentes ao catro anos anteriores a ter coñecemento da morte do titular da conta); mentres que o organismo estatal reclama os 29.692,61 euros restantes.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...