InicioEconomíaA CIG reclama a Zona Franca de Vigo medidas para mellorar a...

A CIG reclama a Zona Franca de Vigo medidas para mellorar a seguridade viaria no polígono de Balaídos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Representantes da CIG, encabezados polo secretario comarcal de Vigo, Alberto Gonçalves, presentaron este luns por rexistro en Zona Franca unha solicitude para manter unha reunión “urxente” co delegado do organismo estatal, David Regades, co fin de abordar a posta en marcha de medidas que melloren a seguridade viaria no polígono industrial de Balaídos.

Segundo relatou Gonçalves, a CIG elaborou un informe con achegas dos delegados de Prevención que o sindicato ten nas empresas, no que se constatan numerosas “deficiencias” que poñen en risco a seguridade das persoas que traballan na zona.

Así, algunhas desas son os problemas derivados da falta de aparcadoiro, o estacionamento indebido de vehículos, a escasa ou nula iluminación nalgúns tramos, ou a ausencia de accesos peonís seguros.

A CIG, tras lembrar que o estado do polígono provocou xa incidentes e “algúns accidentes” nas vías de acceso e nos arredores do recinto de Zona Franca en Balaídos, pediu tamén que se adecue o acceso peonil desde Navia, e que se constrúa un carril bici, tanto de acceso como de mobilidade interior.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...