InicioVigo e contornaVigoO albergue municipal rexistrou máis de 6.500 pernoctacións durante o primeiro semestre...

O albergue municipal rexistrou máis de 6.500 pernoctacións durante o primeiro semestre do ano

O seu nivel de ocupación foi do 94,6 por cento, segundo os datos que deu a coñecer este venres en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O albergue municipal de Vigo rexistrou, no primeiros seis meses do ano, máis de 6.500 pernoctaciones, de 342 usuarios diferentes (dos que 193 acudían por primeira vez), e o seu nivel de ocupación foi do 94,6 por cento, segundo os datos que deu a coñecer este venres en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero.

Esta instalación municipal dispensou, nese período, 10.591 menús a 506 persoas diferentes. Así mesmo, rexistrou 406 usuarios do servizo de ducha, 314 usuarios do servizo de lavandaría, e unhas 11.000 estancias na sala de lecer.

Por outra banda, os servizos sociais do Concello prestaron apoio a 53 persoas que pasaron polo albergue para asesorarlles na procura de vivenda (das que 27 conseguiron un aloxamento estable) e realizáronse acompañamentos a servizos sanitarios con 60 persoas. A iso súmase o seguimento social de case 700 persoas.

Abel Caballero, quen lembrou que o Concello destina máis de 800.000 euros anuais a estas instalacións, volveu a insistir en que “ninguén que non queira ten que durmir na rúa”. Tamén precisou que “sempre hai prazas baleiras” porque, se o albergue está completo, hai camas no fogar dos Irmáns Misioneiros de Teis, en virtude dun convenio asinado entre o goberno local e esta orde relixiosa.

ÚLTIMAS

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Folga dos traballadores de Glovo en Vigo os dous próximos fin de semana para esixir melloras laborais e salariais

Traballadores de Glovo en Vigo e no resto da provincia de Pontevedra convocaron unha...

Tres feridos tras estoupar unha botella de cristal nunha empresa no Porriño

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste luns despois de estoupar unha botella de...

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...