InicioVigo e contornaVigoDetido en Vigo por atacar a un policía que o ía a...

Detido en Vigo por atacar a un policía que o ía a identificar como presunto autor dun roubo

Os feitos producíronse despois de que un particular denunciase o roubo do seu vehículo en Cabral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, M.A.C.L., de 45 anos de idade, como presunto autor dun delito de atentado contra axente da autoridade, tras atacar a un policía que o quería identificar pola súa posible vinculación cun roubo. Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na madrugada do mércores, cando unha dotación do 092 desprazouse á zona de Cabral, alertada por un veciño ao que acaban de tentar roubar no coche.

O demandante relatou aos axentes que outro veciño había tentando entrar no seu coche, para o que rompera un portelo e a fechadura do portón traseiro do vehículo. Un viandante que pasaba deuse conta e increpoulle, ante o que o ladrón saíu fuxindo e refuxiouse no seu domicilio.

Cando os policías se presentaron na súa casa, o sospeitoso negou os feitos e negouse a facilitarlles ningunha documentación para a súa identificación. Nun momento dado, tentou agredir a un dos axentes, producíndose un forcejeo, polo que tivo que ser inmobilizado e, posteriormente, detido.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...