InicioSociedadeVeciños do Calvario piden ao Concello que manteña e mellore o parque...

Veciños do Calvario piden ao Concello que manteña e mellore o parque de Matías para uso canino

Inician a recollida de sinaturas e mobilizacións para que o macroparque infantil que proxecta o goberno vigués nesta leira non invada o espazo ao que levan os seus cans.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os donos de cans do Calvario reuníronse esta semana en asemblea para reclamar que se manteña o parque de Matías como espazo verde aberto ás súas mascotas, ante o plan do Concello de crear un macroparque infantil nesa área.

Segundo o colectivo animalista e ecoloxista Distopía, que apoia os residentes que teñen mascotas, estes “non se opoñen” ao proxecto do Concello, “o único que queren é que se respecte a zona actual que hai para animais e que se faga segundo as ordenanzas, con  valado, fonte para refrescarse, algún xogo canino, papeleiras para recoller as feces…”.

Os veciños consideran que a oferta de parques infantís na zona xa é ampla, con seis zonas específicas para os cativos: na intersección da rúa Martínez Garrido con Portela, dous máis en Jenaro de la Fuente –fronte ao instituto e outro na praza de Maruja Mallo–, na finca Matías zona inferior, outro na rúa Aragón con Redomeira e tamén en Párroco Jose Otero, preto da igrexa de Fátima. Pero insisten que “non se opoñen ao novo proxecto”, senón que piden que “xa que temos a cidade máis bonita do mundo, teñamos tamén a cidade máis bonita do mundo en benestar animal”, reclaman desde a portavocía da asemblea, que foi, din, “multitudinaria”.

Os veciños calculan que aproximadamente uns 70 propietarios de cans utilizan este espazo cada día. Agora iniciarán unha recollida de sinaturas en distintas zonas da cidade e farán concentracións cun “toque artístico” para reivindicar o dereito dos seus animais a gozar dun espazo aberto para eles.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...