InicioPolíticaO goberno de Vigo asegura que o servizo de bombeiros funciona "con...

O goberno de Vigo asegura que o servizo de bombeiros funciona “con absoluta normalidade” a pesar da folga

A concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, recalcou que "este servizo público está garantido", á vez que lembrou que a folga "foi convocada só por CIG e CUT, sen que o resto de sindicatos a secunden".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo asegurou, a través dun comunicado que asina a concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, que o servizo de bombeiros da cidade funciona “con absoluta normalidade”, a pesar de que este mércores se inicia unha folga indefinida nos parques municipais.

A concelleira recalcou que “este servizo público está garantido”, á vez que lembrou que a folga “foi convocada só por CIG e CUT, sen que o resto de sindicatos a secunden”.

Por outra banda, e con respecto ás reivindicacións dos convocantes do paro (que reclaman ampliar o persoal para corrixir a sobrecarga de traballo e a realización “masiva” de horas extras), Espinosa subliñou que o Concello “negociou e acordou por unanimidade con todos os sindicatos” as prazas de bombeiros para a Oferta Pública de Emprego de 2019, unha OPE “que está a seguir os trámites esixidos pola lei”.

“En todo caso, o goberno local respecta o dereito á folga destes ou de calquera outros traballadores públicos, como non pode ser doutra maneira”, conclúe o comunicado.

CIG e CUT denunciaron este mércores que a escaseza de persoal levou a que nin sequera haxa efectivos suficientes para cubrir o decreto de servizos mínimos. Así mesmo, puxeron en coñecemento da Inspección de Traballo a suposta vulneración de dereitos dos axentes en prácticas que, segundo aseguraron, teñen que facer labores “de bombeiros veteranos” sen ter nin a experiencia, nin a formación, nin o salario dos seus compañeiros.

ÚLTIMAS

Caballero carga contra Rueda por “esquecer” o AVE directo a Madrid: “É a obra máis importante para Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou este martes ao presidente da Xunta, Alfonso...

A Xunta defende o papel estratéxico da EFCA en Vigo polo control pesqueiro

A Xunta de Galicia defendeu o "papel estratéxico" da Axencia Europea de Control da...

A Xunta cifra en 4,3 M€ as axudas da Xunta a Vigo para residuos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este martes a...

Confirmada a condena de 4 anos por agresión sexual á filla da parella en Vigo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...