InicioSucesosTrasladadas dúas persoas e varias resultan levemente feridas ao colisionar un autobús...

Trasladadas dúas persoas e varias resultan levemente feridas ao colisionar un autobús e un ciclista en Vigo

Os feitos producíronse ao redor das 22,00 horas no Paseo de Alfonso XII de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas foron trasladadas ao hospital e varias resultaron levemente feridas tras unha colisión entre un autobús e un ciclista en Vigo na noite do pasado sábado.

Do sucedido informou o 112 Galicia, que tivo constancia dos feitos ás 22,00 horas do sábado e que explicou que tras o accidente dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital de Povisa.

Ademais, varias resultaron feridas de “diversa consideración” despois de que un autobús chocase cun ciclista no Paseo de Alfonso XII de Vigo, segundo a información que os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) facilitaron ao 112 Galica.

Así mesmo, os servizos de emerxencias confirmaron que as persoas feridas se atopaban liberadas e accesibles e que a maioría eran de carácter leve. Con todo, outros dous afectados tiveron que ser trasladados en ambulancia polas lesións sufridas a causa do impacto.

Ao lugar do incidente acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, xunto cos axentes da Policía Local da cidade. Por outra banda, os Bombeiros de Vigo e os membros de Protección Civil tamén foron avisados, pero finalmente non foi necesaria a súa intervención.

ÚLTIMAS

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...

Media ducia de detidos e diversas drogas intervidas en só dúas semanas, en operativos contra o ‘menudeo’ en Vigo

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo seis persoas en cinco operacións contra...