InicioVigo e contornaVigoO Concello insta á Xunta a adoptar un plan para reducir as...

O Concello insta á Xunta a adoptar un plan para reducir as listas de espera nos hospitais

Entre outras mocións aceptouse unha co obxectivo de instar á Xunta a financiar dun modo íntegro as competencias exclusivas que ostenta en relación á xestión dos centros de día de Valladares, Coia e Teis.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A corporación municipal de Vigo instou este mércores á Xunta a adoptar un plan de choque para reducir as listas de espera das intervencións cirúrxicas nos hospitais da cidade. Segundo recolleu o Concello nun comunicado, a moción socialista foi aprobada co apoio dos edís de Marea de Vigo-Son En Común e o BNG e rexeitada polos ‘populares’. Así, o pleno chamou á Administración autonómica a asumir responsabilidades políticas por esta situación e esixiu a dimisión do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

O pleno tamén aprobou unha moción socialista para demandar ao Executivo autonómico que consigne anualmente a Vigo, con carácter adicional á participación ordinaria nos ingresos da comunidade nos Orzamentos da Xunta, a mesma cantidade por habitante asignada á capital galega, 24,117 euros por persoa.

En concreto, a inicitiva foi apoiada polo edil nacionalista, Xabier P. Igrexas, mentres que os de Marea de Vigo abstivéronse e os do Grupo Municipal Popular votaron en contra. Adicionalmente, co apoio de Marea de Vigo e a abstención do BNG, aprobouse unha moción socialista que demandaba ao Goberno galego a creación de chan industrial e comercial na cidade.

Ademais, aprobouse a moción do Grupo Mixto, integrado polos concelleiros de Marea de Vigo, para demandar “diálogo” á Xunta co obxectivo de definir unha nova zonificación escolar. A iniciativa recolleu unha emenda do Grupo Municipal Socialista para esixir á Administración autonómica a inclusión de 3 millóns de euros no orzamento da comunidade para infraestruturas da cidade. O concelleiro do BNG apoiou a iniciativa, mentres que os edís do PP rexeitárona.

OUTRAS MOCIÓNS

Así mesmo, a corporación municipal aprobou, co apoio dos edís de Marea de Vigo e o BNG e o rexeitamento dos do PP, a moción socialista presentada para demandar ao Goberno galego a integración do Centro Asistencial de Drogodependencias (CEDRO) no Sergas e solicitar que, mentres non finalice ese proceso, asuma o seu custo.

No ámbito social, os concelleiros de Marea de Vigo e o BNG tamén apoiaron a moción presentada polo Grupo Municipal Socialista para instar á Xunta a financiar dun modo íntegro as competencias exclusivas que ostenta en relación á xestión dos centros de día de Valladares, Coia e Teis.

Esta iniciativa, que foi aprobada pese ao rexeitamento dos edís ‘populares’, chamou ao Executivo autonómico a anular ou revogar as liquidacións practicadas en concepto de cofinanciamento co Concello.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...