InicioVigo e contornaVigoA ETEA, en estado de abandono: "Aquí nin sequera hai un baño...

A ETEA, en estado de abandono: “Aquí nin sequera hai un baño público”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A ETEA é un enorme espazo ubicado nas inmediacións do Monte da Guía en Vigo. A zona albergou ata os anos 50 do século pasado unha base militar, cando pasou a ser Escola de Transmisións e Electricidade de Teis. Esta pechou no ano 2002 e no 2009 a zona foi aberta ao publico de novo. Nese momento, abríanse ao barrio de Teis uns terreos que podían ser de gran utilidade para a cidadanía, aínda que o aproveitamento do seu uso visto en retrospectiva é relativo.

Na actualidade, na ETEA atópanse as ruínas das antigas instalacións, un paseo construído no 2010 onde hai parques infantís e lugares para patinar, as praias da ETEA e da Punta, un chiringuito, un pavillón na entrada do enorme complexo e a sede de Marinetea (Asociación de Marineros de la Etea y de la Armada). En total, un cómputo algo escaso para o seu enorme tamaño.

ETEA / © Miguel Núñez

No 2008 pechouse un convenio para a edificación do Campus do Mar da UVigo na ETEA. Once anos despois, de momento soamente se teñen promesas e acusacións cruzadas entre a Xunta e Concello e Universidade, aínda que fai uns meses comezou a dotarse de forma ao proxecto once anos despois aínda sen data fixa. Acolleríanse proxectos de investigación e emprendemento dos dous edificios principais e a Universidade de Verán. Daniel Valladares, membro do sindicato estudantil ANEGA en Vigo, confirma que “o rector no último claustro confirmou que en ningún caso se trasladarían graos alí”.

Unha das razóns de que este lugar sexa foco de disputas é a competencia compartida entre a Xunta e o Concello de Vigo. O goberno autonómico é responsable do parque infantil construído en 2013 e de parte dos inmobles sen uso na actualidade. Pola súa parte, o Concello é responsable do paseo e das instalacións deportivas que se atopan na parte superior da ETEA.

ETEA / © Miguel Núñez

ESTADO DE ABANDONO

A ETEA atópase nun estado de abandono bastante preocupante. Tal e como GC puido comprobar, os terreos están cheos dunha maleza que incluso invade parte das beirarrúas. Hai unha cantidade de lixo en xeral abundante, tanto na zona do paseo como ao redor dos espazos valados nos que non se teñen acceso, onde se poden observar residuos de diferente tipo e incluso quintos de cervexa

Na zona de patinaxe, onde hai unha gran afluencia de rapaces, pode verse unha grande parte da valla tirada no chan e en medio da pista un anaco de tubaxe, probablemente sacada dunha zona a poucos metros cuxo interior se pode ver a través dunhas fiestras rotas. Nel conviven sucidade, tubaxes e escombros. Na porta, un cartel da Xunta indicando como acender unhas instalacións deportivas, que non se corresponden coa realidade.

No paseo marítimo pode observarse unha abundante vexetación, e se nota que fai tempo que non está cortada. A meirande parte dos muros están cubertos con pintadas. Un lugar onde as ruínas e os lugares insalubres mestúranse entre os anciáns paseando e os nenos xogando no parque infantil.

Mocidade na ETEA / © Miguel Núñez

QUEIXAS

Unha das persoas que acude a diario á ETEA, Juan José Valle, considera que é “unha zona moi bonita para que estea así de abandonado. É unha verdadeira mágoa”, laméntase. Ademais denuncia a falta de entendemento entre administracións. “Entre o Concello e a Xunta teñen a casa sen varrer dende fai anos, a ver se o solucionan dunha vez que non é tan complicado e os veciños queremos desfrutar desta zona como é debido”.

Maria del Carmen Ojea, unha veciña que ven asiduamente á praia é moi crítica: “A zona está moi descoidada. Aquí tiñan que botar unha man a todo”, comenta. Ojea centra as súas reclamacións nos servizos para os bañistas: “Quitaron duchas e nin sequera hai hai un baño público, se teño ganas de facer as miñas necesidades dime ti que fago aquí”. Ademais, denuncia que para entrar nunha das praias hai unha focha “que cada vez se fai máis grande e é un perigo para todos os que vemos aquí”.

“Isto tiña que estar como Samil, que parece que non hai praia aquí”, continúa. Respecto aos seus motivos para vir á ETEA en detrimento de outras zonas máis coidadas, Ojea apela a un factor de proximidade: “Eu veño aquí porque son veciña da zona e é a única praia a que podo vir andando, se non, non pasaba por aquí”, conclúe. Pola súa banda, Gloria Romero, outra asistente á praia, considera que “está todo un pouco abandonado” e se lamenta de que “realmente isto non é nada novo, leva moito tempo así”.

ETEA / © Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Gallas caídas e mobiliario urbano afectado entre as numerosas incidencias da borrasca Bert en Vigo

A borrasca Bert deixou en Galicia durante as últimas horas un total de 874 incidencias...

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...