InicioPolíticaFeijóó defende a Corina Porro como delegada da Xunta: “O seu nomeamento...

Feijóó defende a Corina Porro como delegada da Xunta: “O seu nomeamento é incuestionable e coñece os asuntos de Vigo”

Asegura que a súa substitución por López-Chaves reponde a que é a mellor persoa que coñece Vigo “desde o punto de vista de formación, antecedentes e experiencia”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aprobou este xoves o nomeamento da exalcaldesa de Vigo e ata agora presidenta do Consello Económico e Social (CES), Corina Porro, como delegada da Xunta na cidade olívica. Un nomemamento que para o líder dos populares galegos “é incuestionable e pertinente” e que provocou unha importante renovación de cargos da Xunta na cidade olívica e que coincide, no tempo, coa crise aberta no PP vigués.

Preguntado por Xornal de Vigo se este nomeamento ten relación con que Porro sexa a presidenta da xestora do PP en Vigo, Feijóo destacou a valía da dirixente popular para este novo cargo. “A persoa que chega á delegación en Vigo ninguén discute que coñece, como moi poucas, os asuntos de Vigo”, suliñou.

Así, destacou que o seu currículo acredita que é unha persoa “con formación, información e experiencia” para ser a titular da Delegación da Xunta en Vigo. “Paréceme que é un dos nomeamentos incuestionables desde o punto de vista de formación, antecedentes e experiencia”, insistiu Feijóo.

Ademais, o líder dos populares galegos suliñou que ademais existiu unha razón que é a da “pertinencia” deste nomemamento. “O importante é que unha persoa que chegue a un cargo pois coñeza os contidos, o territorio onde vai a actuar e que teña experiencia en xestión. Iso é o que nós propoñemos en xestión cando propoñemos cargos e cumple todos eses requisitos”, dixo restándolle importancia a que Porro acumule agora este cargo co da dirección do PP en Vigo.

FUTURO DE LÓPEZ-CHAVES

E que vai ser de López-Chávez?. O ata agora delegado da Xunta será nomeado como presidente do Consello Galego da Competencia, nun claro xesto do xefe do Executivo galego por premialo con outro cargo tras a chegada de Corina Porro.

Onde aínda non hai substituto ou substitua é para o CES, o cargo que deixa vacante Corina Porro. Preguntado sobre esta cuestión, Feijóo dixo que a Xunta prevé designar substituto en “o menor tempo”. “E pode ser Pilar Rojo a elixida?”, preguntouselle en alusión a ex presienta da Cámara galega. “Xa vin que se fala dela pero, por agora, non hai conversas sobre ese tema”, apuntou.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...