InicioSociedadeDetido en Vigo un home que finxía manter unha relación sentimental a...

Detido en Vigo un home que finxía manter unha relación sentimental a distancia para estafar 53.000 euros

Segundo recolle o escrito de Fiscalía, en marzo de 2013 Adrián D.I. creouse un perfil falso nunha rede social de citas, finxiu iniciar unha relación sentimental por medios telemáticos e telefónicos, e empezou a pedirlle diñeiro para "medicacións da epilepsia" ou supostas intervencións cirúrxicas, e cando ela deixou de darlle diñeiro, foi ameazada de morte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a un home a tres anos de prisión e a pagarlle á vítima máis de 60.000 euros en indemnizacións, por un delito continuado de estafa por usar diversas artimañas para que unha muller coa que finxiu manter unha relación sentimental lle entregase máis de 50.000 euros.

O xuízo, que inicialmente estaba previsto para febreiro pero que se suspendeu, foi sinalado novamente para este mércores, 16 de maio, pero non chegou a celebrarse ao chegar todas as partes a un acordo de conformidade. A partir diso, o Tribunal ditou sentenza ‘in voce’, que foi declarada en firme ao renunciar todas as partes a recorrer.

Imaxe do xuízo/ Europa Press

O home, Adrián D.I. mostrouse conforme cos feitos relatados pola Fiscalía e coa pena solicitada, co que foi condenado a tres anos de cárcere e a pagar unha multa de 1.350 euros e unha indemnización á vítima de 53.000 euros pola cantidade estafada, 3.400 polos danos psíquicos e 5.600 euros polas secuelas.

Con iso, e a pesar de que non se aprecia ningunha circunstancia modificativa da responsabilidade criminal, o home (que chegou ao xulgado esposado) ve rebaixada a pena de prisión que pedía inicialmente o Ministerio Público e que ascendía a un total de catro anos.

FEITOS XULGADOS

Segundo recolle o escrito de Fiscalía, en marzo de 2013, Adrián D.I., creouse un perfil falso nunha rede social de citas e, despois de coñecer a unha muller, finxiu iniciar unha relación sentimental con ela, sempre por medios telemáticos e telefónicos.

Unha vez que gañou confianza coa muller, empezou a pedirlle diversas cantidades de diñeiro para, entre outras cousas, pagar unha medicación para tratar a epilepsia; medicamentos que lle dixo que adquiría por 6.000 euros ao mes na embaixada de Estados Unidos en Madrid.

Ademais, o home chegou a facerse pasar por un compañeiro de traballo do seu personaxe, para pedirlle máis diñeiro á muller dicíndolle que o seu suposto noivo estaba inconsciente no hospital e necesitaba pagar a medicación e intervencións cirúrxicas.

En todo este tempo, o home “sempre afirmou que lle devolvería o diñeiro”, que tiña bens inmobles e unha herdanza. No entanto, cando ela deixou de darlle diñeiro, el díxolle que “lle arruinaría a vida, que o tiña todo gardado”, así como outros agravios como: “Xúrocho, vasche a arrepentir”, e “oxalá morras que é o que che mereces”.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...